Back to search

Universidade da Coruna

Incremental Learning Through Unsupervised Adaptation in Video Face Recognition

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] Durante a última década, os métodos baseados en deep learning trouxeron un salto significativo no rendemento dos sistemas de visión artificial. Unha das claves neste éxito foi a creación de grandes conxuntos de datos perfectamente etiquetados para usar durante o adestramento. En certa forma, as redes de deep learning resumen esta enorme cantidade datos en prácticos vectores multidimensionais. Por este motivo, cando as diferenzas entre os datos de adestramento e os adquiridos durante o funcionamento dos sistemas (debido a factores como o contexto de adquisición) son especialmente notorias, as redes de deep learning son susceptibles de sufrir degradación no rendemento. Mentres que a solución inmediata a este tipo de problemas sería a de recorrer a unha recolección adicional de imaxes, co seu correspondente proceso de etiquetado, esta dista moito de ser óptima. A gran cantidade de posibles variacións que presenta o mundo visual converten rápido este enfoque nunha tarefa sen fin. Máis aínda cando existen aplicacións específicas nas que esta acción é difícil, ou incluso imposible, de realizar debido a problemas de custos ou de privacidade. Esta tese propón abordar todos estes problemas usando a perspectiva da adaptación. Así, a hipótese central consiste en asumir que é posible utilizar os datos non etiquetados adquiridos durante o funcionamento para mellorar o rendemento que obteríamos con sistemas de recoñecemento xerais. Para isto, e como proba de concepto, o campo de estudo da tese restrinxiuse ao recoñecemento de caras. Esta é unha aplicación paradigmática na cal o contexto de adquisición pode ser especialmente relevante. Este traballo comeza examinando as diferenzas intrínsecas entre algúns dos contextos específicos nos que se pode necesitar o recoñecemento de caras e como estas afectan ao rendemento. Desta maneira, comparamos distintas bases de datos (xunto cos seus contextos) entre elas, usando algúns dos descritores de características máis avanzados e así determinar a necesidade real de adaptación. A partir desta punto, pasamos a presentar o método novo, que representa a principal contribución da tese: o Dynamic Ensemble of SVM (De-SVM). Este método implementa a capacidade de adaptación utilizando unha aprendizaxe incremental non supervisada na que as súas propias predicións se usan como pseudo-etiquetas durante as actualizacións (a estratexia de auto-adestramento). Os experimentos realizáronse baixo condicións de vídeo-vixilancia, un exemplo paradigmático dun contexto moi específico no que os procesos de etiquetado son particularmente complicados. As ideas claves de De-SVM probáronse en diferentes sub-problemas de recoñecemento de caras: a verificación de caras e recoñecemento de caras en conxunto pechado e en conxunto aberto. Os resultados acadados mostran un comportamento prometedor en termos de adquisición de coñecemento sen supervisión así como robustez contra impostores. Ademais, este rendemento é capaz de superar a outros métodos do estado da arte que non posúen esta capacidade de adaptación.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • López-López, Eric
Advisors dc:contributor.advisor
  • Pardo, Xosé M.
  • Regueiro, Carlos V.

Subjects

dc:subject × 4

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional
Language dc:language.iso
eng

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/29498

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

López-López, Eric. Incremental Learning Through Unsupervised Adaptation in Video Face Recognition. 2021. https://hdl.handle.net/2183/29498