Universidade da Coruna
Novel Developments of Brain-Computer Interfaces for Smart Home Control
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Neste traballo analizamos e desenvolvemos novas Interfaces Home-Máquina (HMI) que faciliten a comunicación e a interacción de persoas que sofren problemas motrices severos, coa súa contorna e dispositivos cotiáns a través dun fogar intelixente. Unha casa intelixente pode definirse coma unha residencia equipada cunha rede de comunicación, sensores, dispositivos e electrodomésticos que os residentes poden controlar, acceder e monitorar de forma remota para satisfacer as súas necesidades da vida diaria. Representa un sistema sensible ao contexto que, utilizando tecnoloxías coma Internet das cousas (IoT) e técnicas de intelixencia artificial, pode detectar, anticipar e responder ás actividades no fogar. As HMI ofrecen novas canles de comunicación que permiten aos seus usuarios interactuar con dispositivos da súa contorna empregando os sinais biolóxicos provenientes de diferentes partes do seu corpo como comandos de control. É dicir, os sinais producidos polo cerebro, os músculos ou os ollos, por exemplo, poden empregarse para controlar dispositivos externos. Por tanto, a combinación destas interfaces cun fogar intelixente resulta unha tecnoloxía de gran utilidade para persoas con discapacidades motrices severas ou lesións graves nas súas extremidades, xa que lles permite interactuar coa súa contorna ou controlar partes danadas do seu corpo sen necesidade de grandes movementos físicos. Unha ampla variedade de sinais biolóxicos pode ser empregada para interactuar coas HMI. O uso de cada unha delas dependerá do obxectivo da interface e das capacidades motrices que posúa o usuario. Os tres tipos máis comúns de sinais biolóxicos son: musculares, oculares e cerebrais. A tese presentada céntrase principalmente na análise e desenvolvemento de interfaces baseadas nos sinais cerebrais, tamén coñecidas como Interfaces Cerebro-Ordenador (BCI) ou Interfaces Cerebro-Máquina (BMI). Este tipo de interfaces captura os sinais biolóxicos producidos pola actividade neuronal do usuario a través de técnicas non invasivas como a Electroencefalografía (EEG) e tradúceas en comandos de control para dispositivos externos. Por tanto, estas ofrecen unha nova canle de comunicación coa contorna que non necesita de ningún movemento muscular, simplemente utiliza os pensamentos do usuario. Durante os últimos anos, varios traballos propuxeron diferentes interfaces BCI que ofrecen resultados precisos e de boa calidade. Con todo, a maioría deles usan dispositivos clínicos moi caros e con numerosos eléctrodos para capturar os sinais cerebrais. Isto pode resultar incómodo para os usuarios e provocar que as interfaces sexan difíciles de usar, polo que no noso traballo centrámonos en desenvolver interfaces BCI de baixo custo que empreguen dispositivos abertos cun número reducido de eléctrodos. Como primeira proposta, presentamos unha arquitectura que integra unha aplicación BCI nunha contorna de IoT para o control dunha casa intelixente. Para este propósito, desenvolvemos un dispositivo EEG aberto e de baixo custo que captura sinais cerebrais de dúas canles de entrada. Facendo uso unicamente dunha canle, propoñemos e comparamos distintos algoritmos de extracción de características baseados en Transformadas Deslizantes (ST) para determinar o estado ocular do usuario, é dicir, ollos abertos (oE) ou ollos pechados (cE). En primeiro lugar, comparamos transformadas reais e complexas. Posteriormente, consideramos xanelas deslizantes con solapamento en lugar de empregar o enfoque tradicional con xanelas non solapadas, reducindo así o atraso entre a adquisición do sinal e a toma de decisión. Os algoritmos inclúen diferentes configuracións orientadas a proporcionar resultados precisos con baixa carga computacional. Ademais, realizamos unha extensión da arquitectura onde os datos de ambas as canles son empregados conxuntamente para construír un conxunto de características bidimensional que proporcione resultados máis robustos e precisos. Con este propóstito, as técnicas empregadas anteriormente para extraer as características son comparadas con outras estratexias comunmente utilizadas nas aplicacións BCI, como a Transformada Discreta Wavelet (DWT). Ademais, comparamos tres algoritmos de clasificación diferentes, un baseado en limiares, e outros dous baseados na Análise Discriminante Lineal (LDA) e nas Máquinas de Vectores de Soporte (SVM). A segunda proposta do noso traballo é unha HMI para o control dun fogar intelixente empregando un dispositivo de gravación de sinais biolóxicos dunha única canle. O potencial evocado P300 e os movementos das pálpebras son comparados como sinais de control, co obxectivo de determinar cal deles ofrece os mellores resultados en termos de precisión e tempos de resposta. Os elementos do fogar que o usuario pode controlar coa HMI son presentados nunha Interface Gráfica de Usuario (GUI). Os devanditos elementos son amosados seguindo dous paradigmas distintos de estimulación: 1) os elementos son presentados un a un ou 2) todos os elementos dunha mesma fila/columna son presentados conxuntamente. Ambas as interfaces, a baseada no potencial P300 ou a baseada en movementos das pálpebras, empregan unha única canle de entrada do mesmo dispositivo EEG para capturar a actividade cerebral/ocular do usuario. Ademais, a GUI é totalmente configurable, polo que pode adaptarse ás necesidades do usuario.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Laport, Francisco
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Castro-Castro, Paula-María
- Dapena, Adriana
Subjects
dc:subject × 5Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España
- Licence dc:rights.uri
- Language dc:language.iso
- eng
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/29501