Back to search

Universidade da Coruna

Predición de preferencia de usuario mediante técnicas de Soft Computing

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] O contido desta tese por compendio é a agrupación de tres artigos de investigación publicados en revistas de prestixio, que abordan a necesidade e a forma de mellorar os métodos de predición de preferencia estética de usuario mediante técnicas de soft computing. Realízase un amplo estado da arte do uso de redes de neuronas artificiais e deep learning. Este estudo mostra que existen sistemas baseados en redes de neuronas capaces de realizaren tarefas artísticas con diferente grao de obxectividade. Dende a detección dun obxecto nunha obra pictórica ata a creación de imaxes, pasando pola clasificación segundo o estilo artístico ou autor/a, ou a estimación de calidade e valor estético. Tamén mostra que nos últimos anos se están a realizar máis traballos en tarefas máis complexas como a creación de imaxes, en gran medida grazas ao uso de técnicas de deep learning caso das Convolutional Neural Network (CNN) e as Generative Adversarial Network (GAN). A partir desta base, formúlase o uso de sistemas baseados en redes neuronais para dúas tarefas relevantes no ámbito da predición de preferencia estética. Dunha banda, emprégase un sistema de redes de neuronas artificiais para predición estética, utilizando un dataset explorado polo estado da arte. Non se busca só un erro baixo na predición senón tamén unha rede cuxa topoloxía sexa mínima. Analízanse os resultados extraendo conclusións sobre a información mínima relevante para realizar esta tarefa altamente subxectiva e complexa. Pola outra, analízanse diferentes alternativas para outra tarefa altamente relacionada coa percepción estética: a percepción de complexidade visual. Existen numerosos estudos psicolóxicos que propoñen unha relación directa entre complexidade e valor estético. Proponse buscar un método de machine learning, que obteña mellor predición deste valor. Tamén se realiza unha análise dos outlayers, co fin de comprender mellor os procesos realizados polo mecanismo de predición.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Santos, Iria
Advisors dc:contributor.advisor
  • Carballal, Adrián
  • Romero, Juan

Subjects

dc:subject × 3

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
spa

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/29525

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Santos, Iria. Predición de preferencia de usuario mediante técnicas de Soft Computing. 2021. https://hdl.handle.net/2183/29525