Back to search

Universidade da Coruna

Nuevos inhibidores de β-lactamasas frente a patógenos gram negativos multirresistentes

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] As especies Acinetobacter baumannii, Pseudomonas aeruginosa e a orde Enterobacterales son categorizados como patóxenos de prioridade crítica para o desenvolvemento de novos antimicrobianos. O grupo de antibióticos máis utilizado é o dos antibióticos β-lactámicos. Sendo as cefalosporinas e os carbapenems os de maior espectro de actividade. O uso destes antibióticos vese comprometido pola aparición e diseminación de β-lactamasas de espectro ampliado (BLEAs) e carbapenemasas. Unha opción para manter a actividade destes β-lactámicos é a utilización de inhibidores de β-lactamasas. Nesta Tese Doutoral determinouse a boa actividade do LN-1-255, unha penicilín sulfona en fase preclínica, fronte ás carbapenemasas OXA-48 de Enterobacterales e as principais β-lactamasas de clase D que hidrolizan carbapenems (CHDLs) de A. baumannii. Isto último tamén se demostrou en ensaios in vivo, onde a combinación de imipenem e LN-1- 255 diminuíu considerablemente a carga bacteriana. Por outra banda, tanto o LN-1-255 como dous derivados do mesmo demostraron ser capaces de inhibir a PDC-1 de P. aeruginosa, permitindo recuperar a actividade da ceftazidima. Finalmente demostrouse a eficacia das combinacións imipenem/relebactam, recentemente aprobada, cefepima/zidebactam e cefepima/taniborbactam, en fase clínica III, fronte a un estudo multicéntrico nacional de Enterobacterales produtores de carbapenemasas.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Vázquez-Ucha, Juan Carlos
Advisors dc:contributor.advisor
  • Bou, Germán
  • Beceiro Casas, Alejandro

Subjects

dc:subject × 3

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
spa

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/29938

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Vázquez-Ucha, Juan Carlos. Nuevos inhibidores de β-lactamasas frente a patógenos gram negativos multirresistentes. 2022. https://hdl.handle.net/2183/29938