Universidade da Coruna
La resistencia de la música al concepto filosófico: una aproximación desde el pensamiento del límite
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] A literatura do pensamento áchase, neste momento presente, nunha situación abnegada e de profunda crise. Os derradeiros intentos de sistematización desenvolvidos pola tradición ilustrada caracterizan a filosofía na metade dun camiño esgotado, tanto na súa vertente inmanente como na metafísica, sobre todo ante o traxicismo filosófico das últimas décadas. As artes, en consecuencia, exorcizadas sobre todo dende a novela, o ensaio e a música do Romanticismo, parecen terse sumado a un diálogo imposible de ser sometido á crítica, pechando a razón tradicional ao seu uso conceptual e metodolóxico. A proposta filosófica de Eugenio Trías (1942-2013) restablece a vocación metafísica e o afán sistemático da tradición europea. O resultado é un magno edificio conceptual presidido pola noción de límite ¾instancia de separación e de enlace entre o mundo e o trascendente¾ que encamiña expositiva e novedosamente un pensamento que prepara, no século XXI, un novo marco de comprensión para o suxeito, a filosofía e as artes. Nesta investigación empréndese ¾dende a denominada filosofía do límite¾ unha análise da relación visceral que existe entre a filosofía e as artes, especialmente coa música, cuxa representación oriéntase cara ao concepto de «símbolo». Co símbolo plantéxase en primeiro lugar a necesidade de xustificar a natureza significativa e cognoscitiva da creación artística como a actividade que encarna o ser da fronteira (ontoloxía) para poñer de manfiesto a resistencia que de xeito constante ofrece o traballo categorial; aplicar en segundo lugar á música o método seguido pola metafísica dende a súa fundación, a partir de cuxos resultados, intentar complementar ou superar a proposta triasiana en virtude dun discurso unitario e novo, unha proposta que permita retomar o diálogo, o rumbo e orientación dun pensamento universal sobre a música. Finalmente, aplicada á música a noción de límite, achegarase á estética un fecundo campo de investigación, que encontra na filosofía do século XXI un punto ineludible de reflexión. Asístese, en síntese, neste traballo, á reflexión metafísica dun fenómeno que acolle tanto a creadores como a espectadores no seo do límite, isto é, que nos posiciona na delicada fronteira entre «o que pode dicirse e o que debe calarse».
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Martínez Alejos, Omar
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Sucasas, Alberto
- Paz-Gago, José-María
Subjects
dc:subject × 34- Romanticismo en la música
- Arte y filosofía-Ensayos
- Filosofía-21ºsiglo
- Estética
- Música
- Intelixencia
- Paixón
- Ser
- Cerco
- Ontoloxía
- Metafísica
- Experiencia
- Fronteira
- Logos
- Símbolo
- Razón
- Límite
- Aesthetics
- Art
- Music
- Intelligence
- Passion
- Being
- Border
- Ontology
- Metaphysics
- Experience
- Frontier
- Symbol
- Reason
- Romanticism
- Limit
- Pasión
- Inteligencia
Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- spa
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/30524