Back to search

Universidade da Coruna

Estudio genómico de la incongruencia de género mediante la tecnología de microarrays

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] A incongruencia de xénero defínese no CIE-11 (World Health Organization, 2018) como unha marcada e persistente discordancia entre o xénero experimentado e o sexo asignado ao nacer. A súa orixe é complexa e multifactorial. Obxectivo: O obxectivo principal desta investigación centrouse na análise de diferentes polimorfismos xenéticos nunha poboación transxénero en contraste cunha poboación cisxénero con similares características. Na primeira parte analizáronse catro polimorfismos localizados no promotor do xene do receptor de estróxenos alfa (ESR1). Na segunda parte analizáronse 247 polimorfismos situados nos cofactores NCoA-1, NCoA-2, NCoA-3, NCoA-4, NCoA-5 e p300-CREBBP dada a íntima relación existente entre os esteroides e os coactivadores de esteroides. Finalmente, na terceira parte desta investigación analizáronse 242 polimorfismos situados no ADN mitocondrial dada a ausencia total de investigación relacionada ca incongruencia de xénero. Material e métodos: En todos os polimorfismos analizáronse as frecuencias alélicas e xenotípicas mediante o test de χ2, comparando as poboacións cis- e transxénero respecto a o seu sexo xenético. A forza de asociación de cada polimorfismo coa incongruencia de xénero mediuse mediante regresión loxística binaria. Respecto ao único polimorfismo de repetición (C2), analizouse o número de repeticións en cada poboación coa U de Mann-Whitney. O desequilibrio de ligamento e a estimación das frecuencias haplotípicas foron tamén analizados. Resultados: Respecto ao xene ESR1 atopouse que a media de repeticións para o polimorfismo C2 era máis baixa na poboación de homes transxénero que na poboación cisxénero. Os xenotipos S/S e S/L atopábanse sobrerrepresentados na poboación de homes transxénero (P<0,012 e P<0,003 respectivamente). Tamén se atopou unha sobrerrepresentación do xenotipo A/A para o polimorfismo C4 na poboación de homes transxénero (P<0,017), mentres que o xenotipo A/G estaba sobrerrepresentado na poboación cisxénero (P<0,009]. En canto ao estudo dos cofactores, atopáronse diferenzas significativas en once polimorfismos localizados en NCoA-1, NCoA-2, e p300-CREBBP, sendo os coactivadores NCoA-2 e p300-CREBBP, os que presentaron maior número de polimorfismos con significación estatística (5/64 e 2/9 respectivamente). Ademais, os polimorfismos P2 (localizado en NCoA-1), P9 e P10 (localizados en p300-CREBBP) mostraron diferente distribución xenotípica dependendo da covariable sexo. Respecto aos polimorfismos mitocondriales, atopáronse diferenzas significativas (P<0,05) en 26 polimorfismos. Só un deles pasou a corrección de Bonferroni (P<0,0002), estando ligado aos xenes MT-ND4 e MT-ND5 (OR=17,33). Conclusión: Os xenes ESR1, NCoA-1, NCoA-2, p300-CREBBP, MT-ND4 e MT-ND5 pódense considerar xenes implicados na base biolóxica da incongruencia de xénero.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Delgado Zayas, Enrique
Advisors dc:contributor.advisor
  • Fernández, Rosa
  • Pásaro, Eduardo

Subjects

dc:subject × 17

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
spa

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/30868

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Delgado Zayas, Enrique. Estudio genómico de la incongruencia de género mediante la tecnología de microarrays. 2022. https://hdl.handle.net/2183/30868