Universidade da Coruna
A formación dos inspectores e inspectoras de educación e o desenvolvemento das súas competencias como profesionais do ensino: un estudo desde as ecoloxías de aprendizaxe
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Coa presente investigación pretendemos coñecer como aprenden os inspectores e inspectoras de educación baixo a perspectiva das ecoloxías de aprendizaxe, de maneira que podamos albiscar o seu panorama formativo actual detectando as súas posibles necesidades e carencias. Para este fin, o enfoque elixido foi o mixto. Na primeira fase, de índole cualitativa, empregouse a estratexia metodolóxica do estudo de caso, a través da realización de entrevistas semiestruturadas a dous inspectores e unha inspectora en exercicio. Para a segunda fase, de natureza cuantitativa, elaborouse un cuestionario ad hoc aglutinando un total de sete escalas e que foi cumprimentado por 44 inspectores e inspectoras que desempeñan o seu labor en Galicia. Os resultados mostran que os inspectores e inspectoras teñen unha capacidade alta para dirixir a súa aprendizaxe, que a proveniencia das súas motivacións é maioritariamente intrínseca, e salientan a relevancia das TIC para súa formación. Con todo, demandan unha formación específica en aspectos xurídicos, entre outros.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Doural García, Andrea Carme
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Estévez, Iris
- González-Sanmamed, Mercedes
Subjects
dc:subject × 11Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- glg
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/31202