Back to search

Universidade da Coruna

Development of alternative strategies for preservation and generation of corneal tissues for transplantation

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] A queratoplastia ou transplante de córnea é o único tratamento dispoñible para moitas enfermidades corneais. Sen embargo, o acceso ás queratoplastias vese limitado pola dispoñibilidade das córneas doadas para transplante. Para incrementar o número de tecidos corneais, nesta tese investigáronse métodos de preservación de córneas alternativos e outras fontes de tecido corneal para queratoplastias. O primeiro obxectivo consistiu en analizar o efecto, en córneas humanas, de protocolos de criopreservación convencional con dimetil sulfóxido (DMSO) con (P1) e sen albúmina (P2), e de protocolos de vitrificación sen (P3) e con formamida (P4). O segundo obxectivo consistiu no desenvolvemento dun enxerto mediante enxeñaría de tecidos empregando membranas de Descemet como andamios e células endoteliais (CEs) para construír o endotelio. Tanto células como andamios procederon de córneas descartadas para o seu uso en clínica. Os resultados obtidos para o primeiro obxectivo mostran que só o P1 proporcionou córneas criopreservadas con CEs viables e unha estrutura xeral deformada. Sen embargo, a variabilidade dos resultados impide aplicar este protocolo na clínica. Os resultados do segundo obxectivo mostraron que é posible crear un enxerto a partir de córneas descartadas. Non obstante, a duración do estudio impediu que se crease un endotelio completamente funcional. Estas dúas prometedoras metodoloxías representan alternativas coas que, nun futuro, e tras máis estudos para a súa mellora, se podería reciclar e incrementar o número de tecidos corneais transplantables e mellorar o acceso ás queratoplastias.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Rodríguez-Fernández, Silvia
Advisors dc:contributor.advisor
  • Díaz-Prado, Silvia
  • Rendal-Vázquez, Esther

Subjects

dc:subject × 3

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional
Language dc:language.iso
eng

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/32418

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Rodríguez-Fernández, Silvia. Development of alternative strategies for preservation and generation of corneal tissues for transplantation. 2022. https://hdl.handle.net/2183/32418