Back to search

Universidade da Coruna

Compilación, análise e uso didáctico do repertorio vocal acompañado de percusión de man como parte do patrimonio inmaterial galego. Estudo dun caso representativo

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] Esta investigación parte do tratamento da música tradicional como parte do patrimonio inmaterial galego, abordando o seu estudo a través do caso particular de Liñares (Avión-Ourense). O crecente interese en relación ao patrimonio lévannos a desenvolver este traballo dentro dun campo no que a perspectiva académico-científica é practicamente inexistente. Para levala a cabo tomamos como base metodoloxías de índole cualitativa vinculadas coa etnografía, como a teoría fundamentada e o traballo de campo de corte etnomusicolóxico, baseándonos na constante revisión, reformulación e triangulación dos datos obtidos a través de instrumentos específicos como as entrevistas. A maiores disto, neste estudo adquiren especial relevancia as cuestións especificamente musicais, a través da compilación e o análise, sen esquecer o tratamento pedagóxico deste material. Os resultados obtidos fálannos dunha tradición oral galega que chega ata os nosos días, adaptándose ao contexto actual a través da configuración dun sector socio-económico concreto, o da música tradicional, dentro do cal ten especial relevancia a investigación sobre o repertorio musical e os seus significados. O repertorio de Liñares caracterízase por unha serie de elementos funcionais e musicais que se manteñen ao longo do tempo, vinculados co seu contexto xeográfico concreto e cos ítems musicais propios da tradición oral. En definitiva, neste estudo podemos coñecer a realidade que contextualiza a música tradicional galega de xeito xeral e, especificamente, tratamos a través do caso representativo de Liñares un compendio de músicas definidas a través do seu contexto, significado, usos, funcións, características musicais e posibilidades didácticas, todo o que lle confire unhas características propias que a singularizan e diferencian doutras músicas galegas.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • López Fernández, Carme
Advisor dc:contributor.advisor
  • Chao-Fernández, Rocío

Subjects

dc:subject × 7

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional
Language dc:language.iso
glg

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/32430

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

López Fernández, Carme. Compilación, análise e uso didáctico do repertorio vocal acompañado de percusión de man como parte do patrimonio inmaterial galego. Estudo dun caso representativo. 2022. https://hdl.handle.net/2183/32430