Universidade da Coruna
Deconstruír o erotismo poético desde as nonmonogamias. Estudo e relectura da poesía erótica galega e da súa recepción crítica na primeira década do século XXI
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] O obxectivo da presente tese foi estudar a influencia do sistema monógamo, en canto concepto ideolóxico, no proceso de lectura da poesía erótica galega contemporánea publicada de 2000 a 2010. A nosa hipótese de partida foi que, malia se anunciar a morte da autoría a comezos do século XX, a recepción da poesía erótica estaba a realizarse en chave biográfica, xa que as voces poéticas semellan sexualizárense segundo o sistema sexo-xénero, a orientación sexual e a orientación relacional (asumida, practicamente na totalidade dos casos, como monógama) da figura autorial. Así, para este propósito analizamos o discurso da crítica para coñecermos con profundidade como se entenden os praceres e os afectos durante o correspondente período; e, ao tempo, traballamos directamente cos poemas para comprobar se a lectura establecida tanto pola crítica como polo público lector é a única posible ou se, pola contra, están a silenciarse unha serie de lecturas-outras canto ás sexualidades se refire. Puidemos constatar, en definitiva, como a partir da deconstrución da ollada lectora e da adopción dunha óptica non-monógama se poden decodificar unha gran cantidade de mensaxes do máis diversas e transgresoras que se están a perder por causa do pensamento hexemónico.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Lema París, Ánxela
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Fernández Pérez-Sanjulián, Carme
- Segarra, Marta
Subjects
dc:subject × 5Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional
- Licence dc:rights.uri
- Language dc:language.iso
- glg
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/33507