Universidade da Coruna
El 23 F. Relato histórico, literario y audiovisual. Una perspectiva comparada
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Os feitos acontecidos en España o 23 de febreiro de 1981 son de interese xeral para todos os cidadáns do noso país. Coma un máis, o autor desta tese participa de tal interese. En consecuencia, inicia o seu traballo cun relato histórico que permita contextualizar o que pretende realizar. Isto é: investigar sobre todo o que os acontecementos daquela xornada –de tan triste lembranza– e as súas secuelas induciron na creación fabulatoria textual, gráfica e audiovisual, para finalizar cunha perspectiva comparada das materias tratadas e as súas conclusións. Sorprende a este investigador (e sorprendería a quen continuase na súa liña de traballo) a cantidade –e a calidade nalgúns casos– de obras que produciu o intento de golpe de estado do 23F. Sen dúbida foi traumático para unha cidadanía que desde cinco anos atrás viña saíndo dunha férrea ditadura doutros corenta, o cal disparou a creatividade. Sendo tan grave a causa e tan grande o seu efecto, nesta tese o estudo limítase a canto se poida abranguer en certos campos: novela, poesía, teatro, humor gráfico, cinema, televisión, videoxogos e pintura. Fican outros por explorar, algún deles relacionado co que vén expoñer. O franquismo e a súa censura fixeran moito dano ao mundo intelectual español, o cal afectaría o rigor de obras estudadas dentro das áreas creativas escollidas. Con todo, o traballo realizado non fai distincións: céntrase nunha análise exhaustiva, conxunta e comparativa de todo o investigado que entrou no corpus da cultura española
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Bermúdez de Castro Olavide, Ignacio
- Advisor dc:contributor.advisor
-
- Paz-Gago, José-María
Subjects
dc:subject × 5Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- spa
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/34408