Universidade da Coruna
Identificación automática de colocaciones académicas en español para una herramienta en línea de ayuda a la redacción
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Combinacións léxicas como confirmar unha hipótese, o problema estriba ou análise profunda, coñecidas polo termo de colocacións, desempeñan un papel crucial na prosa académica, dado que serven para referirse aos procedementos e actividades prototípicas da investigación científica. As colocacións, así como outras unidades fraseolóxicas, permean todos os textos académicos. Con todo, pese ao crecente número de estudos sobre escritura académica en español, aínda non se dedicou suficiente atención á identificación da fraseoloxía propia do discurso académico e á creación de ferramentas lexicográficas que a integren. Para colmar este baleiro, a proposta desta tese baséase en identificar automaticamente as colocacións académicas do español e establecer unha lista de referencia cuxa finalidade principal é alimentar unha ferramenta en liña de axuda á escritura de textos académicos. Así mesmo, co fin de obter información sobre as diferenzas entre os textos de expertos e noveis, realizamos unha análise contrastiva baseada no concepto da complexidade léxica. Os resultados desta análise serviron para implementar unha ferramenta centrada na avaliación do perfil colocacional dos textos académicos.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Guzzi, Eleonora
- Advisor dc:contributor.advisor
-
- Alonso-Ramos, Margarita
Subjects
dc:subject × 5Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- spa
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/35240