Back to search

Universidade da Coruna

Terapia celular con micro-ARN y exosomas para el tratamiento de la inflamación crónica en un modelo de osteoartritis

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] Comprender os efectos do envellecemento e inflamación nas células nai mesenquimais é crucial para desenvolver terapias dirixidas a doenzas dexenerativas. Estas células exhiben efectos beneficiosos a través da súa actividade paracrina e a liberación de vesículas extracelulares, as cales mostraron ser unha alternativa ás terapias celulares en modelos preclínicos. Os perfís de células nai mesenquimais e as súas vesículas extracelulares varían coa idade e pódense modificar mediante o uso de micro-ARN, os cales derivarán á súa vez na regulación das respostas inmunitarias e inflamatorias. Nesta tese doutoral preséntanse os resultados obtidos tras a investigación dos efectos das vesículas extracelulares derivadas de células nai mesenquimais sobre os marcadores de envellecemento e pluripotencia en cultivos celulares, así como tamén os resultados procedentes da avaliación da carga proteica das mesmas. Todos estes resultados permitíronnos á súa vez levar a cabo a investigación sobre as propiedades antiinflamatorias destas vesículas derivadas de células nai mesenquimais modificadas para a inhibición da inflamación causada pola expresión de miR-21. Os nosos resultados resaltan a capacidade das vesículas extracelulares para influír no comportamento dos cultivos das células en función da súa composición, o que suxire o seu potencial para modificar as características celulares in vitro. Ademáis, o estudo reflicte a necesidade da optimización dun protocolo para o procesamento e análise proteico de maior calidade destas vesículas extracelulares. Os resultados do modelo animal de osteoartritis demostraron que, en xeral, as vesículas extracelulares derivadas de células nai mesenquimais, e en particular as derivadas de células con expresión inhibida de miR-21, exhibiron un potencial terapéutico significativo ao reducir a inflamación sistémica e inactivar a vía inflamatoria ERK1/2 e a confirmación do alivio do fenotipo secretor asociado a senescencia en varios órganos procedentes do modelo animal de osteoartritis. Estes achados iluminan o camiño para o desenvolvemento de novas terapias contra as doenzas asociadas ao envellecemento e as afeccións inflamatorias utilizando vesículas extracelulares derivadas de células nai mesenquimais.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Morente-López, Miriam
Advisor dc:contributor.advisor
  • Arufe, M.C.

Subjects

dc:subject × 3

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
spa

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/35756

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Morente-López, Miriam. Terapia celular con micro-ARN y exosomas para el tratamiento de la inflamación crónica en un modelo de osteoartritis. 2023. https://hdl.handle.net/2183/35756