Universidade da Coruna
Estudio de la presencia de ADN bacteriano en trombos intracoronarios en pacientes con infarto agudo de miocardio
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Esta tese doutoral é un estudo observacional realizado en doentes con infarto agudo de miocardio con elevación do segmento ST (IAMCEST), tratados mediante intervencionismo coronario percutáneo, co obxectivo de analizar a presenza e tipo de bacterias, mediante a detección de Ácido Desoxirribonucleico (ADN) nos trombos aspirados das arterias coronarias. Non se estudou a presenza, prevalencia e variedade de organismos bacterianos en pacientes galegos. Incluíronse 109 doentes consecutivos nos que se obtivo material trombótico e mostra de sangue periférica; analizouse a presenza do ADN bacteriano coa Reacción en Cadena de la Polimerasa (PCR) en tempo real de: Aggregatibacter actinomycetemcomitans, Chlamydia pneumoniae, viridans group streptococci, Porphyromonas gingivalis, Fusobacterium nucleatum, Tannarella forsythia, Treponema denticola, Helycobacter pylori, Mycoplasma pneumoniae, Staphylococus aureus, Prevotella intermedia, e Streptococcus mutans. Detectouse ADN bacteriano de 4 especies no 9,2% dos doentes: viridans group streptococci, (6 doentes, 5,5%), Staphylococus aureus (2 doentes, 1,8%); Porphyromonas gingivalis e Prevotella intermedia (0,9% respectivamente). Non se atopou ADN bacteriano na sangue periférica nestes doentes. En conclusión, hai ADN de 4 especies bacterianas nos trombos dunha pequena proporción de pacientes con IAMCEST. Estas bacterias poderían ter un rol na inestabilidade da placa e na formación do trombo que conduce ó IAMCEST nestes pacientes.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Piñón-Esteban, Pablo
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Vázquez Rodríguez, José Manuel
- Hermida-Prieto, Manuel
Subjects
dc:subject × 3Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- spa
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/36169