Back to search

Universidade da Coruna

Resistencia antibiótica en Acinetobacter spp. y Enterobacter cloacae complex: epidemiología, mecanismos y tratamiento

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] A resistencia antibiótica, con Acinetobacter baumannii e Enterobacter cloacae complex (ECC) como microorganismos clave, constitúe unha das principais causas de morbimortalidade a nivel mundial. O estudo destas poboacións resulta esencial para desenvolver estratexias que mitiguen o impacto das infeccións na saúde pública. Nesta Tese Doutoral analízanse dúas coleccións multicéntricas nacionais de cepas clínicas, unha de Acinetobacter spp. e outra de ECC, co propósito de determinar a súa epidemioloxía, patróns e mecanismos de resistencia antibiótica, así como de explorar a actividade de novas alternativas terapéuticas. Deste xeito, cefiderocol posicionouse como o antibiótico máis activo contra A. baumannii, seguido pola colistina, a pesar do descenso significativo na eficacia desta na última década. Sublíñase tamén a problemática relacionada co ST2, con numerosos illamentos XDR, e cunha representación destacada da OXA-23, que evidencia un cambio paradigmático na epidemioloxía de A. baumannii resistente a carbapenémicos en España. Esta resistencia, mediada na súa maioría por carbapenemasas de clase D, queda aplacada polo inhibidor LN-1-255, o cal restaura o potencial de antibióticos como imipenem ou sulbactam. Doutra banda, nesta Tese caracterízase por primeira vez a diseminación plasmídica da carbapenemasa OXA-24/40 entre illamentos de Acinetobacter no-baumannii pertencentes á colección, así como a súa propagación internacional. Finalmente, en referencia a ECC, demostrouse a asociación de VIM-1 coa redución da sensibilidade ao cefiderocol, abordando aspectos microbiolóxicos, bioquímicos e moleculares. Ademais, destácase a influencia de factores adicionais na restrición da actividade desta cefalosporina de última xeración en ECC.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Lasarte-Monterrubio, Cristina
Advisors dc:contributor.advisor
  • Beceiro Casas, Alejandro
  • Poza, Margarita

Subjects

dc:subject × 4

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
spa

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/37837

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Lasarte-Monterrubio, Cristina. Resistencia antibiótica en Acinetobacter spp. y Enterobacter cloacae complex: epidemiología, mecanismos y tratamiento. 2024. https://hdl.handle.net/2183/37837