Back to search

Universidade da Coruna

Concepción, embarazo y parto: características obstétricas, cronobiología y temporalidad

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] Introdución e obxectivos: Comprender como os cambios temporais e ambientais inflúen na saúde e o comportamento humano, particularmente no ámbito obstétrico é un campo de estudo relevante dada a súa evidenciada influencia e repercusión social. O obxectivo deste estudo foi determinar a relación coa cronobiología do número de partos durante o período 2011-2016 así como con variables específicas relacionadas coa xestación e parto durante o ano 2014. Material e métodos: Realizouse un estudo observacional retrospectivo que incluíu a 8.622 mulleres cuxa xestación foi monitoreada no Hospital Lucus Augusti de Lugo, quen deu a luz no mesmo centro durante o período 2011-2016. Adicionalmente, incluíuse 1.409 mulleres que cumpriron os mesmos criterios durante o ano 2014. A información obtívose mediante a revisión de historias clínicas, tanto en formato papel como dixital (IANUS). Este estudo combinou análises descritivas e inferenciales para analizar os datos rexistrados. Resultados: Dos 8.622 nacementos ocorridos durante o período 2011-2016, observouse que a frecuencia de partos é maior os mércores (15,9%). En canto ao mes, a maior porcentaxe de nacementos ocorre en maio (9,0%) e, respecto a estación, a maior incidencia prodúcese no verán (26,8%). Indicar tamén que a maioría dos partos ocorren durante a noite (38,2%). En 2014, dos 1.409 nacementos incluídos no estudo, o 58,3% comezou de maneira espontánea, o 34,6% foron inducidos e o 7,1% corresponderon a cesáreas programadas. En canto á finalización, o 54,2% foron eutócicos, o 19,2% instrumentais e o 26,6% cesáreas, das cales o 25,4% foron programadas. A lúa chea parece influír favorablemente nos prepartos máis rápidos (menos de 3 horas) cun 34,3%, nas roturas espontáneas de membranas (32,0%) e no maior número de nacementos (27,4%), excluíndo as cesáreas programadas. A pesar de que os datos non mostran significación estatística, evidénciase unha tendencia cara a unha menor actividade de partos durante as fins de semana. O verán destácase como a estación con maior probabilidade de concepción espontánea (26,3%), rotura non artificial de membranas (27,0%) e un número máis alto de partos totais (27,0%) e eutócicos (27,8%). Evidencia estatisticamente significativa apoia que a noite non só favorece o inicio (48,5%) e a rapidez do parto (6,3%), senón que tamén se asocia co maior volume de partos eutócicos (41,0%) e roturas espontáneas de membranas (5,4%). Conclusións: Os eventos obstétricos causantes do parto están significativamente favorecidos polo período nocturno, influenciados pola lúa chea e as condicións estacionais do verán, aínda que a súa frecuencia diminúe durante as fins de semana.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Blanco López, Susana
Advisor dc:contributor.advisor
  • Seoane-Pillado, Teresa

Subjects

dc:subject × 6

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
spa

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/39376

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Blanco López, Susana. Concepción, embarazo y parto: características obstétricas, cronobiología y temporalidad. 2024. https://hdl.handle.net/2183/39376