Back to search

Universidade da Coruna

Diseño y desarrollo de una vacuna para la prevención y erradicación de la infecciones respiratorias causadas por cepas de "Pseudomonas aeruginosa" multirresistentes

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] A resistencia antimicrobiana emerxe como unha das principais ameazas para a saúde global, intensificando a procura de alternativas efectivas aos antibióticos. Este problema agrávase pola presenza de Pseudomonas aeruginosa multirresistente, un patóxeno oportunista responsable de pneumonías nosocomiais e infeccións respiratorias crónicas, especialmente en pacientes inmunocomprometidos. As vacinas vivas atenuadas, especialmente as auxotróficas, perfílanse como unha estratexia prometedora debido á súa alta inmunoxenicidade e eficacia. Con todo, presentan limitacións en termos de estabilidade da atenuación e reactoxenicidade. Esta tese doutoral centrouse en mellorar o perfil do candidato vacinal PAO1 ΔmurI, auxotrófico para D-glutamato, abordando estes aspectos. Para incrementar a estabilidade da atenuación, construíuse unha cepa con dobre auxotrofía para D-glutamato e D-alanina, mitigando así os problemas de seguridade asociados ao fenotipo prototrófico. Ademais, abordouse a redución da reactoxenicidade do lipopolisacárido, principal endotoxina das bacterias gram negativas, mediante a sobreexpresión ou inactivación dos enzimas implicados nas modificacións do lípido A. Estas alteracións demostraron unha menor activación do receptor TLR4 murino, indicando unha redución na toxicidade. Estas innovacións permitiron mellorar a seguridade do candidato vacinal, mantendo a súa capacidade inmunoxénica e eficacia contra infeccións pulmonares agudas e crónicas causadas por P. aeruginosa.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Fuentes-Valverde, Víctor
Advisors dc:contributor.advisor
  • Bou, Germán
  • Moscoso, Miriam

Subjects

dc:subject × 10

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Atribución 4.0 Internacional
Language dc:language.iso
spa

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/40237

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Fuentes-Valverde, Víctor. Diseño y desarrollo de una vacuna para la prevención y erradicación de la infecciones respiratorias causadas por cepas de "Pseudomonas aeruginosa" multirresistentes. 2024. https://hdl.handle.net/2183/40237