Universidade da Coruna
Homoxeneidades. A dimensión natural e construída das rías. A Ría de Muros e Noia
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] A presente tese xorde a partir dunha proposta inicial que busca profundar na singularidade do territorio das rías galegas mediante un estudo comparativo e detallado dunha delas, a ría de Muros-Noia, a cal, do mesmo xeito que o resto, representa unha realidade territorial que transcende a unha mera configuración xeográfica. O estudo realizado parte dunha situación hipotética do territorio natural sobre o cal, a presenza humana adquire progresivamente e ao longo dos séculos, un papel cada vez máis significativo. A antropización do territorio natural desenvólvese inicialmente nun marco de respecto, en resposta a unha interacción adaptativa coa contorna. Este equilibrio natural, que se iniciou nun contexto evolutivo, verase, neste territorio, alterado por unha tímida revolución industrial que deu paso a un profundo cambio no modelo socioeconómico que significou o impulso e a transformación construída de acordo a unha base de homoxeneización e imposición sobre este territorio singular. Mediante un estudo detallado, tentarase demostrar como as dependencias naturais deron paso a unhas imposicións construidas que conduciron cara a unha especialización irreversible do conxunto. A influencia primixenia do medio natural sobre as necesidades construídas perde así o seu rol singular para converterse nun pano de fondo ao servizo da evolución humana. A metodoloxia comparativa entre os diferentes períodos relevantes mostra un proceso de lenta progresión respecto das primeiras estruturas megalíticas e asentamentos castrexos, que, ata o desenvolvemento do século XX, presenta escasos efectos acumulativos. Esta dinámica de avance evidénciase claramente a partir da recente ordenación territorial, a cal iniciai un proceso demoledor a favor dunha expansión construtiva desvinculada das necesidades intraeconómicas do territorio, producindo unha desorde evidente e arraigada a unha expansión dispersa fundamentada nunha modificación do tradicional equilibrio agrario a favor dunha nova orde planificada que, na actualidade, amósase ao servizo dunha revolución tecnolóxica que, dende un punto de vista crítico, busca unha saída territorial expansiva a través da imposición, transformación e disociación dun uso básico de vivenda respecto a un novo modelo de uso temporal vinculado a unha progresiva homoxeneidade impositiva sobre a singularidade do territorio. Os modelos tradicionais de equilibrio de espazos naturais, usos habitables e produtivos unifícanse progresivamente como consecuencia da disociación de usos. Os novos modelos de descentralización laboral xunto coa progresiva mellora das infraestruturas terrestres contribúen á aceleración dun proceso de unificación onde a singularidade preséntase resumida nunha liña de costa ao servizo de usos residenciais e turísticos que desprazan do territorio o equilibrio garantido por unha estabilidade poboacional. Pala contra, e estando este proceso en vías de implantación, xorde a dúbida de se este é, simplemente, outro recorrente "cambio de modelo" no devir da historia. Xa sexa que a etapa actual represente un erro de formulación ou ben un novo modelo de cambio ao servizo da evolución tecnolóxica e social, parece irrefutable recoñecer que existe un proceso continuo de transformación acumulativa, o cal, exercido polo ser humano, conduce progresivamente a unha perda de identidade e singularidade territorial.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Camba Dopazo, Iván
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Martínez Suárez, Xosé Lois
- Seoane, Henrique
Subjects
dc:subject × 5Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Atribución-NoComercial-SinDerivadas 4.0
- Licence dc:rights.uri
- Language dc:language.iso
- glg
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/41050