Universidade da Coruna
Análise etnomotriz e feminista de dous xogos tradicionais galegos practicados por mulleres: a bugalliña e o bugalliño
Abstract
dc:description.abstract[Resumo]: A presente tese de doutoramento estuda as prácticas lúdicas realizadas por mulleresda comarca do Ribeiro (Ourense), aínda que a investigación se focaliza, concretamente,en dous xogos tradicionais: a bugalliña de Santo Estevo de Nóvoa (Carballeda de Avia) e obugalliño de Francelos (Ribadavia).Este estudo centrouse en descifrar cada un dos elementos sociais, culturais e motricesque caracterizan aos xogos obxecto de estudo e contribuíu á conservación e difusión tanto do patrimonio lúdico galego como a aumentar o coñecemento sobre as prácticas lúdicas nas que participaban as mulleres adultas. A metodoloxía empregada foi a cualitativa, seguindo un enfoque etnomotriz feminista.Analizáronse cada un dos elementos que configuran a lóxica interna (regras e propiedades internas) e lóxica externa (elementos socioculturais) das prácticas lúdicas do Ribeiro enxeral e dos xogos obxecto de estudo, en particular. Obtívose información sobre onceprácticas lúdicas na etapa adulta de homes e mulleres e máis de trinta na etapa infantil. Realizáronse un total de vinte e sete entrevistas, tres grupos de discusión, observaciónparticipante e observación de oito gravacións de diferentes partidas da bugalliña, ademais de utilizar un diario de campo. A análise de contidos dos datos realizouse a través do sóftware MAXQDA.Como conclusións, destaca que todas as prácticas analizadas son de carácter sociomotriz, existe unha importante segregación por sexo e constátase que as prácticas lúdicas reproducen roles de xénero. O xogo da bugalliña, en concreto, amósase como un ritual que reforza a identidade do grupo que o desenvolve, o que leva ás xogadoras a elaboraren diferentes estratexias de resistencia para manter a súa práctica. Tanto o bugalliño como a bugalliña reflicten un modo de vida dun tipo de sociedade que está adesaparecer, o que fixo que xa se perdese o bugalliño ante novas propostas de ocio, emantense o perigo de que desapareza a bugalliña, ante a elevada idade das xogadoras, o despoboamento do lugar e a falta de promoción do xogo por parte das administracións. Nesta tese tamén se constata o esquecemento das prácticas lúdicas das mulleres porparte da comunidade investigadora e, polo tanto, a necesidade de lles prestar a debida atención.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Vázquez-Coto, Manuela
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- López-Villar, Cristina
- Sánchez-Bello, Ana
Subjects
dc:subject × 9Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- glg
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/41210