Universidade da Coruna
A inter-comparación como ferramenta na procura da calidade nun laboratorio de análise de produtos de consumo
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Nesta tese doutoral abórdase o estudo sobre diferentes exercicios de inter-comparación -a provisión de ensaios de aptitude (EA) no marco de campañas de control do mercado coa participación de 50 laboratorios de 24 países: Arabia Saudí, Arxentina, Bangladesh, Bélxica, Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Canadá, China, Colombia, Costa de Marfil, Croacia, Cuba, España, Italia, Lituania, Marrocos, Moldavia, Paquistán, Portugal, Reino Unido, Serbia, Turquía, Estados Unidos e Xordania e a participación en exercicios colaborativos- que foron realizados no Laboratorio de Consumo de Galicia (LCG), salientando a figura do provedor e poñendo especial fincapé no intercambio de información e na colaboración como vías para mellorar a calidade dos resultados. Provéronse varias rondas do EA para a avaliación da identificación de fibras téxtiles. Na preparativa empregouse a microscopía óptica e de varrido electrónico, ensaios de solubilidade e espectroscopía infravermella; metodoloxías descritas no CEN ISO/TR 11827, en cuxa revisión se participou a través do grupo CEN/TC248/WG30. A avaliación realizouse segundo a ISO 13528. Estudáronse 1.480 resultados de 47 laboratorios de 21 países e a información de enquisas, constatándose que a experiencia e a combinación de técnicas son clave para a correcta identificación. Provéronse varias rondas do EA para a avaliación da determinación cuantitativa da composición dos produtos téxtiles segundo os procedementos descritos na serie ISO 1833; métodos harmonizados co Regulamento (UE) 1007/2011, de conformidade co mandato M/532 da Comisión Europea, proceso no que se participou a través do grupo CEN/TC248/WG30. A avaliación realizouse segundo a ISO 13528 e co método gráfico Naji-Plot. Estudáronse 872 resultados de 47 laboratorios de 21 países e a información obtida de enquisas, detectándose diferenzas na interpretación da normativa técnica. Analizáronse 494 incertezas, determinándose que existe unha relación entre os resultados discrepantes e un inadecuado cálculo da incerteza. Provéronse varias rondas do EA para a avaliación da determinación cualitativa da solidez da cor mediante a serie ISO 105, co emprego dunha escala ordinal multicotómica: a escala de grises. A estatística baseouse na ISO 13528. Revisouse a información dada nas enquisas e 7.517 resultados de 40 laboratorios de 20 países, constatándose que, aínda sendo unha determinación visual, existe un forte consenso na emisión dos resultados. Participouse no exercicio organizado por PROSAFE para a detección por cromatografía de gases dos ftalatos limitados no Regulamento (CE) 1907/2006 e provisto pola Autoridade de Seguridade Alimentaria e de Produtos de Consumo dos Países Baixos (NVMA), no marco da acción conxunta de Cooperación JA China II coa Administración Xeral de Calidade, Supervisión e Corentena (AQSIQ) da República Popular de China. Participouse na avaliación do desempeño da metodoloxía desenvolvida pola entidade coreana KOTITI Testing & Research Institute, para a determinación cuantitativa de mesturas de fibras mediante carbonización da celulosa, proceso organizado polo grupo ISO/TC38/WG22 para a súa publicación na ISO 1833-27, no que participaron 10 laboratorios de 6 países: Xapón, Italia, Portugal, Corea, Francia, e España. Tamén determinouse a repetibilidade e reproducibilidade do método segundo a ISO 5725-2. A aplicación dos procedementos de traballo e dos resultados acadados nesta tese doutoral permiten incrementar a capacidade operativa do LCG para a detección de produtos inseguros, así como; salientar a súa labor como provedor de EA. Por último, cabe destacar que, na descrición do LCG no Capítulo I desta tese xurdiu unha investigación xurídica paralela sobre a súa orixe, que foi galardoada co XXIV Premio de Investigación Manuel Colmeiro.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Ferreiro-Lopez-Rioboo, Juana
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- López-Mahía, P.
- Muniategui, Soledad
Subjects
dc:subject × 6Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Atribución-NoComercial-SinDerivadas 4.0
- Licence dc:rights.uri
- Language dc:language.iso
- glg
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/41269