Universidade da Coruna
Development of Techniques to Optimize Automated Machine Learning Processes in High Performance Computing Systems
Abstract
dc:description.abstract[Resumo]: A Intelixencia Artificial (IA) emerxeu como un dos campos máis revolucionarios desta década. Parte do seu éxito débese aos avances na Computación de Altas Prestacións (HPC), que permitiron manexar modelos cada vez máis esixentes. Porén,a dependencia de infraestruturas computacionais a grande escala acentúa o desafío de optimizar a eficiencia computacional, xa que os custos enerxéticos e de recursos medran notablemente. Esta Tese aborda estes desafíos desenvolvendo novos mecanismos para acadar unha converxencia entre o Automated Machine Learning (AutoML) e o HPC. A súa motivación xorde de dúas observacións chave: a sobreparametrización dos modelos actuais e o baixo acoplamento entre a arquitectura destes modelos e o hardware no que se executan. Para abordar estes problemas, esta Tese explora a xeración automática de arquitecturas de redes simplificadas, pero precisas,que optimizan o uso de recursos. Concretamente, presenta novos algoritmos para apoda de arquitecturas de redes neurais e o desenvolvemento de rutinas de álxebra lineal altamente optimizadas, deseñadas para mellorar o seu rendemento en GPU. Para lograr isto, a nosa proposta define e emprega dous novos espazos de procura interrelacionados e altamente parametrizables, un centrado na precisión e o outro norendemento computacional. Facendo uso destes espazos de procura, desenvolvemos estratexias de autoaxuste unificado que permiten xerar automaticamente modelos cunha relación precisión-rendemento superior. A nosa avaliación demostra que é posible xerar modelos comprimidos cunha alta eficiencia computacional e cun impacto mínimo ou nulo na precisión.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Castro, Roberto L.
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Fraguela, Basilio B.
- Andrade, Diego
Subjects
dc:subject × 8Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- eng
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/41299