Back to search

Universidade da Coruna

Machine learning models for event prediction and anomaly detection in cattle

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] A presente tese doutoral aborda a implementación e a análise do rendemento de distintas técnicas, algoritmos, e métodos de aprendizaxe automática aplicados ao sector gandeiro bovino español para a detección de patróns de comportamento anómalos asociados a distintos eventos singulares, en concreto a eventos reprodutivos, en vacas de explotacións gandeiras. Concretamente, nas investigacións levadas a cabo empregáronse técnicas de clasificación supervisada e semi-supervisada, comunmente coñecidas como técnicas one-class. Para a monitorización do comportamento do gando, empregáronse colares de monitorización comerciais capaces de detectar en tempo real o comportamento individual do animal. Neste sentido, no presente traballo realízase unha detallada análise comparativa entre o rendemento de diferentes m´etodos e estratexias para comprobar a súa funcionalidade e aplicabilidade neste sector tan específico e complexo. Resulta fundamental destacar que para o desenvolvemento desta tese doutoral contouse coa colaboración da Start-Up galega Innogando que foi a encargada de desenvolver os colares de monitorización, así como de facilitar os datos rexistrados por estes dispositivos. Este traballo de investigación preséntase por compendio de publicacións polo que, no presente documento, recóllese un fío condutor no que se presentan de forma ordenada as tres publicacións publicadas en revistas de impacto recollidas no Journal Citation Report (JCR), mostrando así os avances levados a cabo durante a realización da tese. A primeira contribución presentada, corresponde cunha revisión onde se expón de forma detallada a estado da arte das principais ferramentas e técnicas que se empregan na gandería bovina actual para a detección de diferentes eventos anómalos tales como enfermidades ou procesos reprodutivos. Neste artigo analízase detalladamente os dispositivos, sensores e técnicas baseadas en intelixencia artificial que están a ser máis empregadas na actualidade. Na segunda contribución presentada avalíase e compara o rendemento de diferentes técnicas de clasificación supervisadas para a detección temperá de celo a partir dos datos de actividade rexistrados por un colar de monitorización comercial. Finalmente, no terceiro artigo analízase o rendemento de técnicas one-class para a detección de patróns de celo a partir dos datos de comportamento rexistrados polo colar de monitorización.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Michelena, Álvaro
Advisors dc:contributor.advisor
  • Calvo-Rolle, José Luis
  • Fontenla-Romero, Óscar

Subjects

dc:subject × 12

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
eng

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/41353

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Michelena, Álvaro. Machine learning models for event prediction and anomaly detection in cattle. 2024. https://hdl.handle.net/2183/41353