Universidade da Coruna
Computación evolutiva en tareas creativas: aplicaciones prácticas en juegos, publicidad y e-commerce
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Nesta tese por compendio preténdese demostrar que a programación xenética permite resolver problemas que requiren capacidades creativas, mesmo en dominios diferentes, con resultados superiores aos alcanzados polos humanos. Nótese que é importante nesta tese levar a cabo unha validación obxectiva desta superioridade. Así, abordaranse tres problemas distintos empregando en todos os casos a mesma técnica: programación xenética. O primeiro problema consiste na programación dun tanque simulado, capaz de gañar campionatos onde compite con outros programas de control do tanque. A contorna seleccionada é RealTimeBattle, que non posúe instrucións de alto nivel, co que se fai necesario que o robot controle en detalle os actuadores (xiro de radar, de cañon, aceleración, etc.) do tanque. A validación da superioridade da solución artificial se medira na capacidade de vencer os robots programados por humanos, incluídos robots con excelentes resultados en campionatos internacionais. O segundo problema consiste na capacidade de optimizar un e-commerce, de forma que se obteña o mellor resultado comercial (o maior número de visitas a anuncios) a partir dun conxunto de anuncios prefixo. Búscase obter esta mellora mediante a ordenación dos produtos (neste caso activos inmobiliarios). Neste caso compárase o funcionamento cos tres portais inmobiliarios máis importantes de España, e con tres axencias inmobiliarias con diferente nivel de calidade fotográfica e prezo medio de inmoble. O terceiro problema consiste na avaliación de sistemas de predicción de estética e de calidade fotográfica. A subxectividade da estética e da calidade fotográfica pode estar influenciada por distintos aspectos ou contextos tanto culturais, como sociais ou mesmo persoais. Por iso preséntase unha metodoloxía de validación empregando un conxunto de datos de imaxes avaliadas en Estados Unidos e España, analizando a calidade fotográfica e o valor estético, e empréganse distintos sistemas estéticos e técnicos coa fin de atopar os máis efectivos para avaliar o valor estético.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Torrente-Patiño, Álvaro
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Romero, Juan
- Carballal, Adrián
Subjects
dc:subject × 6Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- spa
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/41364