Back to search

Universidade da Coruna

El refugio en la palabra. Las moradas poéticas en la obra de Alejandra Pizarnik

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] Este estudo céntrase na obra da poeta arxentina Alejandra Pizarnik, recoñecida pola súa singularidade dentro do panorama da literatura hispanoamericana. Este traballo ten como obxectivo principal desentrañar as complexidades de tres aspectos fundamentais presentes na poesía de Pizarnik: o corpo, o silencio e o espazo exterior. Estas moradas líricas, aparentemente independentes, entrelázanse de forma intricada, dependendo unhas das outras para configurar a experiencia poética única que caracteriza o seu legado. Argumentarase que, ao integrar estas moradas no seu discurso poético, Pizarnik non só crea unha representación simbólica da experiencia humana, senón que tamén desafía as limitacións da linguaxe e a comprensión convencional. Esta análise busca revelar as conexións subxacentes entre estas dimensións, recoñecendo a súa interdependencia e achegando luz sobre a riqueza de significados que xorden da súa intersección na obra da autora. Proponse utilizar os diarios persoais de Pizarnik como unha ferramenta crucial para comprender as súas motivacións e procesos creativos íntimos, revelando así unha visión máis completa da autora que abarca non só a súa produción poética, senón tamén os matices da súa interioridade expresados nestes rexistros persoais. Ademais, buscarase analizar minuciosamente cada elemento presente na poesía de Pizarnik, desglosando como o corpo, o silencio e o espazo exterior se entrelazan na súa obra. Este enfoque permitirá unha comprensión máis detallada da complexidade temática e simbólica que caracteriza as súas composicións, así como a identificación de patróns recorrentes yuxtapostos nestas tres dimensións poéticas. En última instancia, espérase que esta análise contribúa a arroxar luz sobre o proceso creativo de Pizarnik e a súa conexión coa exploración da interioridade a través dos seus diarios persoais.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Penabad García, Carla
Advisor dc:contributor.advisor
  • Valcárcel, Eva

Subjects

dc:subject × 6

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España
Language dc:language.iso
spa

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/41862

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Penabad García, Carla. El refugio en la palabra. Las moradas poéticas en la obra de Alejandra Pizarnik. 2024. https://hdl.handle.net/2183/41862