Universidade da Coruna
Percepción do alumnado universitario con discapacidade e relación co seu desempeño ocupacional
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Introdución: A inclusión do alumnado con discapacidade na educación superior segue condicionada por barreiras arquitectónicas, sociais e, especialmente, actitudinais. Os prexuízos poden limitar a percepción da súa competencia e participación, e afectar ao seu desempeño académico e ocupacional. Esta investigación analiza as actitudes da comunidade universitaria da Universidade da Coruña e da sociedade en xeral cara á inclusión do estudantado con discapacidade, explorando a presenza de prexuízos e os factores que os modulan. Obxectivos: Examinar as percepcións, actitudes e prexuízos cara á discapacidade no ámbito universitario e na sociedade, avaliando a influencia do contacto. Analizar as diferenzas culturais e educativas na configuración dos prexuízos e investigar, mediante un deseño experimental, o impacto do tipo de discapacidade na percepción da inclusión e do desempeño ocupacional. Método: Realizáronse catro estudos cun enfoque cuantitativo. Os tres primeiros estudos foron de tipo transversal e descritivo, mentres que o cuarto aplicou un deseño experimental baseado en escenarios. Participaron 2241 persoas, incluíndo alumnado, profesorado e cidadanía en xeral. Resultados: Confirmouse a persistencia de prexuízos modernos e a relevancia do contacto estruturado na mellora das actitudes inclusivas. Observáronse diferenzas significativas entre España e Portugal e unha percepción máis negativa cara á discapacidade psicosocial ou de saúde mental, especialmente en contextos de desempeño parental. Conclusións: A investigación evidencia barreiras actitudinais que dificultan a inclusión plena. O contacto frecuente e de calidade, a formación e a sensibilización xorden como estratexias clave para transformar as percepcións e reducir os prexuízos, e avanzar así cara a unha sociedade máis equitativa e inclusiva.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Garabal-Barbeira, Jessica
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Espinosa, Pablo
- Pousada, Thais
Subjects
dc:subject × 20- Attitudes
- Disability
- Functional Diversity
- Higher Education
- Social Equality
- Prejudice
- Occupational Performance
- Inclusion
- Actitudes
- Desempeño ocupacional
- Discapacidad
- Diversidad funcional
- Igualdad de oportunidades
- Inclusión
- Prejuicio
- Universidades
- Prexuízo
- Discapacidade
- Diversidade funcional
- Igualdade de oportunidades
Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International
- Licence dc:rights.uri
- Language dc:language.iso
- glg
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/42283