Universidade da Coruna
Optimización energética del transporte urbano mediante frenado regenerativo
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] A redución de emisións e a eficiencia enerxética son obxectivos fundamentais para a sostibilidade do sector do transporte urbano. Unha das actuacións para acadar estes obxectivos é substituír os vehículos que integran as flotas de transporte urbano por outros máis eficientes, dotados de sistemas de freado rexenerativo que permitan recuperar parte da enerxía utilizada nos desprazamentos. Porén, ás veces non é viable a substitución total de toda unha flota de transporte urbano e só se pode realizar unha substitución parcial da mesma. Esta Tese de Doutoramento propón realizar un estudo sobre o consumo enerxético que se produce ao longo de diferentes rutas a partir dunha serie de parámetros orográficos, cinemáticos e dinámicos, para posteriormente propoñer un modelo matemático de fácil aplicación para poder comparar diferentes rutas da transporte urbano e localizar os maiores nichos de mellora. Para validar o modelo, os resultados estimados compáranse segundo a segundo cos resultados calculados. As achegas do modelo proposto céntranse en varios aspectos: (i) optimizar os recursos económicos; (ii) asignar os equipos máis eficientes onde se poida optimizar o consumo de enerxía; e (iii) simplificar a tarefa de optimización das rutas de transporte de pasaxeiros. Grazas ao modelo proposto, é posible clasificar os distintos itinerarios estudados en función da cantidade de enerxía que se pode recuperar, de tal xeito que se poden utilizar equipos provistos de freada rexenerativa onde hai máis enerxía recuperable.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Santos de la Iglesia, Carlos de
- Advisor dc:contributor.advisor
-
- Vergara, Diego
Subjects
dc:subject × 5Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International
- Licence dc:rights.uri
- Language dc:language.iso
- spa
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/45454