Universidade da Coruna
Identificación da estrutura cognitiva da fisioterapia e dos seus actores principais a través da bibliometría
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Introdución A Fisioterapia é un dominio de coñecemento en evolución que precisa de ferramentas analíticas avanzadas para comprender o seu desenvolvemento, identificar tendencias emerxentes e avaliar a contribución dos seus principais actores. A bibliometría, disciplina que aplica métodos cuantitativos ao estudo da produción científica, consolidouse como unha ferramenta fundamental para analizar a estrutura cognitiva dun dominio do coñecemento. Esta tese forma parte desta liña de investigación e ten como obxectivo principal analizar a estrutura cognitiva da Fisioterapia e a súa evolución a través de técnicas de mapeo científico, e identificar os seus principais actores. Mediante unha aproximación bibliométrica, búscase identificar as áreas temáticas predominantes, as institucións e países máis influentes e as dinámicas de colaboración científica dentro deste ámbito. Este estudo responde á necesidade dunha análise detallada que facilite a toma de decisións en política científica, establecendo un punto de partida para futuros estudos sobre a Fisioterapia. Para iso, preséntanse tres estudos empíricos que examinan a produción científica de diversos dominios das ciencias da saúde desde diferentes perspectivas, proporcionando un marco completo para comprender a súa estrutura cognitiva. Metodoloxía A investigación baséase en tres estudos bibliométricos que utilizan bases de datos recoñecidas, como Web of Science e Physiotherapy Evidence Database (PEDro). Utilízanse indicadores de rendemento, impacto e colaboración, xunto con técnicas avanzadas de análise de redes e mapeo científico. Ferramentas como SciMAT e VOSviewer permiten visualizar a evolución temática, as conexións entre autores e institucións e as tendencias emerxentes en Fisioterapia. Resultados O primeiro estudo analiza a evolución da Medicina Integrativa e Complementaria en oncoloxía, combinando o uso de diversas ferramentas de mapeo bibliométrico. Identifica un aumento das publicacións dende o ano 2000 e destaca a importancia da colaboración internacional, sendo os Estados Unidos, China e Alemaña os principais contribuíntes. O segundo estudo presenta un novo método para delimitar o dominio da Fisioterapia, combinando estratexias semánticas e redes de citas. Identificáronse máis de 85.000 publicacións relevantes entre 2000 e 2018. Os países con maior produción científica en Fisioterapia son os Estados Unidos, Australia e o Reino Unido, mentres que as principais institucións inclúen a Universidade de Sidney e a Universidade de Queensland. O terceiro estudo analiza a evolución da Fisioterapia analizando 29.000 artigos indexados en PEDro entre 1986 e 2017. Obsérvase un crecemento exponencial da produción científica, cun aumento dos estudos clínicos controlados e revisións sistemáticas. Ademais, identifícanse tendencias emerxentes en técnicas como métodos de Fisioterapia baseados na evidencia e actividade física e exercicio en persoas con patoloxía. Conclusións A investigación demostra que a bibliometría é unha ferramenta clave para comprender a evolución e a estrutura dun dominio científico. Identificáronse as principais áreas temáticas, as institucións máis produtivas e as dinámicas de colaboración en Fisioterapia. Estes achados permiten orientar futuras investigacións, optimizar as estratexias de publicación e apoiar a toma de decisións de política científica.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Carballo-Costa, Lidia
- Advisor dc:contributor.advisor
-
- Vivas-Costa, Jamile
Subjects
dc:subject × 4Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International
- Licence dc:rights.uri
- Language dc:language.iso
- glg
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/45703