Back to search

Universidade da Coruna

Novas Tecnoloxías e Aplicacións de Realidade Extendida para a Transformación Dixital

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] Dende os últimos anos veuse un auxe no uso das tecnoloxías de Realidade Aumentada, Mixta e Virtual, tamén coñecidas baixo o termo Realidade Extendida (RX). Estas tecnoloxías poden ser útiles, por exemplo, durante procedementos médicos ou industriais, onde serven de apoio mediante a visualización de información contextual ou interactuando co contorno en tempo real. Ademais, poden empregarse para gamificar procesos educativos, axudando a aumentar o interese ou a capacidade de atención dos estudantes, conseguindo mellores resultados que durante procesos tradicionais. Para que a RX se poida aplicar de maneira eficaz é importante que se proporcione unha boa Experiencia de Usuario (UX), polo que é fundamental que os sistemas conten con baixas latencias e interfaces intuitivas. Todo isto consegue un comportamento fluído do sistema, polo que se mellora a interacción co entorno e auméntase a sensación de realismo. Ó longo desta tese, levouse a cabo unha análise detallada das distintas tecnoloxías de RX, propoñendo novas arquitecturas, frameworks e ferramentas orientadas á mellora do rendemento destes sistemas. Ditas arquitecturas e frameworks serven de guías para futuros desenvolvementos e ofrecen a posibilidade de crear experiencias compartidas, de forma que as persoas que estean na mesma localización poidan disfrutar e experimentar os elementos virtuais na mesma posición e sincronizados en todo momento. Con estas novas propostas búscase que a interacción e comunicacións entre os distintos subsistemas sexan as adecuadas coa finalidade de garantir unha UX de calidade. A maiores, nos capítulos dedicados ós desenvolvementos realizados, optouse por unha aproximación práctica na que se deseñaron, implementaron e avaliaron diferentes casos de uso demostrativos que verifican a eficacia dos sistemas propostos.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Vidal-Balea, Aida
Advisors dc:contributor.advisor
  • Fernández-Caramés, Tiago M.
  • Fraga-Lamas, Paula

Subjects

dc:subject × 6

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Attribution-ShareAlike 4.0 International
Language dc:language.iso
eng

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/46543

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Vidal-Balea, Aida. Novas Tecnoloxías e Aplicacións de Realidade Extendida para a Transformación Dixital. 2025. https://hdl.handle.net/2183/46543