Back to search

Universidade da Coruna

La adquisición del vocabulario en una L2: revisión sistemática

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] Esta tese doutoral examina, dende unha perspectiva integradora e empírica, os factores, estratexias e condicións que contribúen a unha eficiente adquisición do léxico nunha L2, particularmente en contextos de inglés como lingua estranxeira (ILE) e inglés como segunda lingua (ISL). O estudo considera a natureza complexa e multidimensional do coñecemento léxico —forma, significado, uso—, así como as súas dimensións —amplitude, profundidade e fluidez—. Analízanse tanto os procesos de aprendizaxe deliberada coma incidental mediante a exposición a un input comprensible, integrando prácticas pedagóxicas, ferramentas tecnolóxicas e a exposición extra muros. Analízase tamén o papel das secuencias léxicas, o coñecemento da morfoloxía, a aprendizaxe contextual e o repertorio léxico necesario para unha adecuada cobertura textual e unha comunicación funcional na L2. O estudo incorpora un marco teórico robusto e actualizado, xunto cunha revisión crítica da literatura científica indexada en bases de datos de alto impacto coma Scopus. A través de catorce preguntas, ofrécense achegas relevantes sobre estratexias de ensino e aprendizaxe, tarefas didácticas, avaliación do compoñente léxico e desenvolvemento da autonomía do aprendiz. Os resultados teñen implicacións significativas para a didáctica e a adquisición de segundas linguas, a formación docente, o deseño de materiais pedagóxicos e futuras investigacións na adquisición de vocabulario nunha L2.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Sánchez-Muiño, Miguel-Ángel
Advisors dc:contributor.advisor
  • Barros-Grela, Eduardo
  • Bobadilla-Pérez, María

Subjects

dc:subject × 8

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International
Language dc:language.iso
spa

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/47513

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Sánchez-Muiño, Miguel-Ángel. La adquisición del vocabulario en una L2: revisión sistemática. 2025. https://hdl.handle.net/2183/47513