Universidade da Coruna
Iluminación, atmósfera y cámara como elementos clave en la percepción de realismo de entornos virtuales renderizados en tiempo real
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] A constante evolución tecnolóxica consolidou o renderizado en tempo real como unha das ferramentas máis potentes para a creación de contornos virtuais, reducindo progresivamente a distancia co cinema e a animación offline grazas a motores como Unreal Engine 5 e tecnoloxías como Lumen, Nanite ou a rama NvRTX de NVIDIA. Porén, a cuestión decisiva non reside unicamente na capacidade técnica de xerar imaxes fotorrealistas, senón en comprender que factores visuais fan que o espectador as perciba como naturais ou verosímiles. Esta investigación aborda ese baleiro mediante un enfoque experimental mixto, que combina cuestionarios perceptivos, entrevistas semiestruturadas e rexistros de seguimento ocular. A través da creación de tres contornos virtuais deseñados en Unreal Engine, analízanse os efectos da iluminación, a atmosfera e a cámara na percepción do realismo visual. O estudo busca non só avaliar a plausibilidade acadada coas configuracións actuais de renderizado en tempo real, senón tamén identificar aqueles elementos que maior impacto exercen na experiencia perceptiva do espectador. Os resultados esperados pretenden mostrar que os contornos virtuais en tempo real poden ser valorados como realistas cando se acada un equilibrio entre fidelidade técnica e coherencia perceptiva. Así mesmo, preténdese ofrecer criterios que orienten o deseño de escenas virtuais cara a configuracións que prioricen a inmersión e a naturalidade por riba da mera corrección técnica. Deste xeito, a investigación contribúe tanto ao avance tecnolóxico do renderizado en tempo real como ao debate máis amplo sobre a construción dixital da realidade e os limiares que determinan a súa percepción como auténtica.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Lourido Rivas, Marcos
- Advisor dc:contributor.advisor
-
- López-Chao, Vicente
Subjects
dc:subject × 8Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da tese como ao seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- spa
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/47551