Back to search

Universidade da Coruna

Gestión y caracterización físico-química de las deyecciones, eficiencia de uso de nutrientes y volatilización de amoníaco en explotaciones de vacuno de leche de Galicia según los sistemas de alimentación

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo]A produción de leite de vaca en Galicia é a actividade agrícola máis importante da rexión, representando o 40 % da produción leiteira nacional. O sector lácteo galego é una actividade estratéxica tanto polo valor económico que aporta, como polo seu papel na vertebración económica, social e demográfica no medio rural. Nos últimos anos, produciuse unha intensificación da produción no sector lácteo, cun alto consumo de concentrados e fertilizantes minerais. O aumento da produción de leite por explotación e do número de animais por explotación e hectárea, non se viu acompañado dun aumento da base territorial das explotacións. Isto conleva un aumento do volume de xurros (90 % das dexeccións) e estercos producidos en determinadas zonas. Os xurros e os estercos son unha fonte potencial de contaminación cando non son aplicados segundo os códigos de boas prácticas agrícolas, poidendo contaminar ás augas e á atmósfera. Polo outro lado, a súa aplicación pode aumentar o secuestro de carbono (C) nos solos con beneficios indirectos nas propiedades físicas e químicas do solo, ademáis pode reducir o uso de fertilizantes minerais. Existe unha falta de coñecemento sobre as principais características dos sistemas de xestión de fertilizantes orgánicos nos diferentes modelos de produción das explotacións leiteiras de Galicia. Co fin de contribuír a unha mellor comprensión da xestión de fertilizantes orgánicos nos diferentes sistemas de produción de leite de Galicia, este traballo inclúe os resultados de catro estudos realizados en explotacións leiteiras galegas durante 2018 e 2019. Realizouse unha enquisa a un grupo de 19 explotacións leiteiras consideradas representativas dos modelos de produción de leite, segundo os sistemas de alimentación descritos por Flores et al. (2017), clasificáronse en: pastoreo, ensilado de herba, ensilado de herba e millo e ensilado de millo. Tamén se consideraron dúas subcategorías dentro do sistema de pastoreo (ecolóxico e convencional). Nas explotacións, tomáronse mostras dos alimentos, feces de vaca (dexeccións semisólidas) e xurros (excrementos líquidos) nas catro estacións para os sistemas de pastoreo, e na primavera e no outono para os outros sistemas. Tomáronse mostras de solo en dúas parcelas dos principais cultivos das 19 explotacións. O primeiro estudo recompilou información xeral sobre os sistemas de produción, a superficie forraxeira, os datos zootécnicos, a alimentación e as salas de muxido. Recompilouse información detallada sobre a xestión de xurros e estercos: condicións estruturais dos sistemas de aloxamento e limpeza, das almacenaxes e dos lotes de animais que xeraban as dexeccións, a xestión das almacenaxes, e da aplicación de fertilizantes (orgánicos e minerais) aos cultivos.Os resultados obtidos mostraron un gradiente de intensificación produtiva similar a estudos previos na zona sobre os sistemas de alimentación representados, desde o sistema de pastoreo ata o sistema de ensilado de millo, pasando por valores intermedios no sistema de ensilado de herba e ensilado de herba con millo, reflectido nas producións, nas cargas, na superficie agraria, nos concentrados aportados, nas inxestas totais e no consumo de ensilado de millo nas racións das vacas. Foi notable una elevación do uso de concentrados no sistema de ensilado de herba. No pastoreo ecolóxico as menores cargas, produccións e consumos de concentrados, tiveron un importante aporte de herba fresca, mostrando maior conversión dos concentrados en leite que no pastoreo convencional. Coa maior superficie adicada ó cultivo de millo forraxeiro menor adicaban ó cultivo de pradeiras. O ensilado de herba presentouse como un ingrediente clave para adaptarse á producción anual de forraxes. Coa intensificación dos sistemas diminuíu o número de animais en pastoreo, e o aproveitamento de pradeira para sega tamén incrementouse, sendo o principal factor condicionante a distancia ás instalacións gandeiras. Coa intensificación dos sistemas se observaron acurtamentos dos ciclos de reproductivos e na lonxevidade das vacas. O uso de salas de muxido tecnolóxicamente máis avanzadas relacionouse co tamaño do rabaño. Atopouse unha marxe ampla de mellora na eficiencia enerxética das salas de muxido. Un menor desenvolvemento técnolóxico no sistema de pastoreo, reflectiuse nun menor empleo de carros nas racións e maiores enreixados nos solos. As fosas principais (xurros de vacas de producción) representaban o 83 % da capacidade total da explotación, o 27 % restante eran fosas secundarias (xurros de recría e secas). A capacidade das fosas redúcese pola auga de choiva, os efluentes e a area da cama. Nunha minoría de explotacións, as fosas cumpriron o volume mínimo recomendado polas unidades ganaderas, o que confirma que o tamaño das fosas é insuficiente na maioría das explotacións para utilizar correctamente os xurros. Máis da metade das explotacións axitaron os xurros antes da aplicación, o que ten un impacto positivo no seu valor fertilizante. Na maioría das explotacións, os xurros aplícanse mediante abanico invertido, e a súa incorporación ao solo non é inmediata. A mayoría de estercoleiros das explotacións estudadas carecían de infraestrutura. Os xurros xerados polas explotacións estudadas lograron un ciclo pechado, aplicándose sobre os cultivos propios...

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Santiago Andión, Carme
Advisors dc:contributor.advisor
  • Báez Bernal, María Dolores
  • García Pomar, María Isabel

Subjects

dc:subject × 7

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da tese como ao seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
spa

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/47564

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Santiago Andión, Carme. Gestión y caracterización físico-química de las deyecciones, eficiencia de uso de nutrientes y volatilización de amoníaco en explotaciones de vacuno de leche de Galicia según los sistemas de alimentación. 2025. https://hdl.handle.net/2183/47564