Universidade da Coruna
Learning-Based Optimization For Intelligent Reflecting Surface And Cell-Free Massive Mimo Wireless Networks
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Nas últimas décadas os sistemas de comunicacións sen fíos experimentaron unha evolución significativa, impulsada pola crecente demanda dunha maior eficiencia espectral (SE, pola súa sigla en inglés) e enerxética, e menor latencia. A aparición das redes 5G e a investigación en curso arredor das 6G puxeron de manifesto a necesidade de solucións intelixentes, flexibles e escalables. Dúas das tecnoloxías clave que se están a explorar neste contexto son as superficies reflectoras intelixentes (IRS) e as arquitecturas MIMO masivo sen celas (CF-mMIMO), que prometen desempeñar un papel fundamental na configuración das redes sen fíos de próxima xeración. Os sistemas MIMO asistidos por IRS introducen un enfoque novo para manipular as canles sen fíos mediante o uso de superficies case pasivas que permiten controlar as fases dos sinais. Deste modo, mellórase a dirección dos sinais e mitíganse as interferencias. A diferenza dos repetidores activos convencionais, as IRS non requiren cadeas de radiofrecuencia adicionais, o que reduce a complexidade e o consumo enerxético. Non obstante, a optimización conxunta das fases da IRS e os precodificadores MIMO presenta desafíos non convexos e de alta dimensionalidade. Pola súa banda, a CF-mMIMO representa un cambio de paradigma con respecto ás arquitecturas celulares tradicionais. Ao permitir a formación cooperativa e centrada no usuario dos clústeres de cooperación de puntos de acceso (AP), esta tecnoloxía consegue unha distribución máis homoxénea da cobertura e maiores capacidades para o control da interferencia. Ademais, resolve os problemas de rendemento nos bordos de cela que son característicos das redes convencionais. Porén, as arquitecturas CF-mMIMO introducen unha serie de complexidades adicionais. Algunhas tarefas de asignación de recursos, como a reconfiguración dinámica dos clústeres colaborativos de AP e a asignación de pilotos, requiren métodos de optimización máis escalables e adaptativos. A motivación principal desta tese xorde do recente auxe das redes sen fíos intelixentes, nas que se agarda que os modelos de aprendizaxe participen en tarefas de optimización que van desde o deseño da rede ata a súa reconfiguración en tempo real. Como anticipan os estudos sobre arquitecturas ORAN, a incorporación de intelixencia artificial (IA) en diferentes procesos resulta esencial para dotar as redes de comunicacións da adaptabilidade necesaria para escalar e optimizar os seus recursos de xeito eficiente. Os esforzos iniciais nesta dirección centráronse principalmente en técnicas de aprendizaxe supervisada convencional. Porén, estes algoritmos atopan dificultades ante o dinamismo das redes sen fíos e a escaseza de datos etiquetados. Por isto, consideramos un conxunto alternativo de ferramentas, que inclúe algoritmos de aprendizaxe por reforzo (RL) e contextual bandits (CB), estratexias de aprendizaxe non supervisada e modelos baseados en redes neuronais gráficas (GNN). En primeiro lugar, os enfoques baseados en RL e CB proporcionáronnos formas eficaces de formular varios problemas de optimización en comunicacións MIMO asistidas por IRS. Así mesmo, as alternativas baseadas en aprendizaxe profunda DCB e DRL, que integran o poder de xeneralización das redes neuronais, permitíronnos reducir a dependencia de datos de adestramento ao aprender directamente mediante interacción por proba e erro. Como resultado, desenvolvéronse dous marcos de solución denominados DCB-DDPG e DRL-DDPG para a optimización conxunta dos precodificadores e da matriz de fases da IRS. Así mesmo, a tarefa de selección dos equipos de usuario (UE) foi abordada con éxito mediante a implementación do algoritmo PPO, unha das técnicas máis salientables dentro do RL. Paralelamente, as GNN ofreceron unha alternativa escalable e eficiente computacionalmente fronte aos modelos supervisados tradicionais. Aproveitando as estruturas de grafo que xorden de forma natural en CF-mMIMO, as GNN convertéronse no compoñente central de solucións competitivas para a formación dos clústeres colaborativos de AP. Por último, o algoritmo proposto C-footprints, que adapta unha estratexia clásica de aprendizaxe non supervisada ás particularidades de CF-mMIMO, demostrou ser unha ferramenta útil para simplificar o problema da asignación de pilotos. En conxunto, estas contribucións enriquecen a comprensión teórica das redes sen fíos emerxentes e exploran vías viables para a súa implementación práctica, acadando un equilibrio entre rendemento e viabilidade computacional.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Pereira Ruisánchez, Dariel
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Castedo, Luis
- Fresnedo, Óscar
Subjects
dc:subject × 8Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Attribution-ShareAlike 4.0 International
- Licence dc:rights.uri
- Language dc:language.iso
- eng
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/47582