Universidade da Coruna
Incidencia de los incendios forestales en las propiedades físicas y químicas en suelos de la provincia de El Oro, Ecuador
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Incidencia dos incendios forestais sobre nas propiedades físicas e químicas dos solos da provincia de El Oro, Ecuador. Os incendios forestais poden xerar transformacións substanciais nas propiedades físicas, químicas e espectroscópicas do solo, afectando a súa funcionalidade ecolóxica. Nesta tese avaliáronse os efectos do quecemento inducido e dun incendio forestal real sobre a materia orgánica extraíble en auga (WEOM) e outras propiedades edáficas, mediante unha combinación de técnicas espectroscópicas e analíticas. O estudo desenvolveuse en dous capítulos complementarios. No Capítulo 1, analizáronse solos de distintas orixes sometidos a tratamentos térmicos de 300 °C e 600 °C. Aplicáronse técnicas de fluorescencia con análise PARAFAC e espectroscopía FTIR con factorización matricial non negativa, o que permitiu identificar patróns comúns de transformación da WEOM. Observouse unha redución de compoñentes fluorescentes de maior tamaño e unha maior proporción de compostos oxixenados, sen correlación directa entre ambas técnicas, o que suxire a súa complementariedade. No Capítulo 2, avaliouse o impacto dun incendio forestal sobre un solo oxisol da provincia de El Oro, Ecuador. Detectáronse aumentos significativos no carbono total (de 2,83 % a 3,95 %) e no contido de carbono orgánico disolto (ata 50 mg/L), así coma na relación C/N. As análises por FTIR indicaron unha transformación estrutural profunda, e a fluorescencia revelou a perda de compostos húmicos fluorescentes. Ademais, observáronse cambios na distribución do tamaño das partículas, cunha diminución das fraccións finas (1–30 μm) e unha menor superficie específica nos solos queimados (agás na capa superficial). Estes resultados evidencian que o lume altera de forma significativa a cantidade, composición e funcionalidade da materia orgánica do solo, e que a aplicación de ferramentas espectroscópicas combinadas con métodos de redución de dimensionalidade constitúe unha estratexia eficaz, accesible e de baixo custo para o seguimento destes procesos.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Gia-Gadñay, A.
- Advisor dc:contributor.advisor
-
- Lado, Marcos
Subjects
dc:subject × 14Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da tese como ao seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- spa
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/47600