Universidade da Coruna
Estudio sobre la percepción de salud, los hábitos de vida y la calidad de vida relacionada con la salud en escolares de los centros públicos del Ayuntamiento de Oleiros
Abstract
dc:description.abstract[Resumo]A calidade de vida relacionada coa saúde (CVRS) na infancia e adolescencia depende da interacción entre os hábitos de vida e as percepcións persoais. Este estudo analiza unha mostra de 305 escolares (6º de Educación Primaria e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria) de centros públicos de Oleiros, un concello galego cun alto nivel socioeconómico, mediante cuestionarios validados e análises non paramétricas. Avaliáronse a actividade física, o tempo de pantalla, o sono, a adhesión á dieta mediterránea, a percepción de saúde, a calida de vida relacionada coa saúde, a condición física percibida e a imaxe corporal. Os resultados amosan un perfil xeralmente activo e saudable, aínda que con contrastes significativos entre etapas educativas e centros. A práctica de actividade física organizada é elevada en Primaria pero diminúe en Secundaria, mentres que o tempo de pantalla supera amplamente as recomendacións internacionais en toda a mostra. A duración do sono mantense dentro dos valores recomendados, aínda que descende coa idade, e a adhesión á dieta mediterránea é moderada e homoxénea. En canto ás percepcións, a saúde e a condición física son valoradas máis positivamente en Primaria, mentres que a a calida de vida relacionada coa saúde aumenta en Secundaria. As correlacións amosan que unha maior práctica de actividade física, unha mellor calidade do sono e unha maior adhesión á dieta mediterránea se relacionan con percepcións máis favorables de saúde e benestar, mentres que un maior tempo de pantalla se asocia con percepcións menos favorables. Porén, nalgúns subgrupos, unha maior implicación deportiva vincúlase cunha menor valoración do benestar, o que podería reflectir patróns de autoesixencia. A transición a Secundaria emerxe como unha etapa crítica para promover intervencións integrais que combinen actividade física, descanso, alimentación e benestar emocional desde un enfoque holístico.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Garrido López, Beatriz
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Dopico-Calvo, Xurxo
- González Valeiro, Miguel
Subjects
dc:subject × 9Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da tese como ao seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- eng, spa
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/48040