Back to search

Universidade da Coruna

Innovative Approach to Study the Feasibility of a Daily Routine Programme Using Wearables (WeFun-Apps) in Children With Unilateral Cerebral Palsy. Integrating Families’ Perspectives and Goals With Bimanual Performance and Participation

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] Introdución. Os nenos e nenas con parálise cerebral unilateral (PCu) adoitan experimentar limitacións na función das extremidades superiores, o que restrinxe a súa participación nas rutinas diarias. A tecnoloxía portátil se concibe como un enfoque prometedor para apoiar o uso funcional das extremidades superiores en contextos naturais; sen embargo, a evidencia sobre a súa viabilidade, usabilidade e impacto na primeira infancia é aínda limitada. Obxectivos e métodos. Esta Tese Doutoral Internacional tivo como obxectivo validar a viabilidade e usabilidade dunha solución innovadora para mellorar o rendemento bimanual e o impacto na participación en nenos e nenas con parálise cerebral unilateral. Existía unha necesidade previa de contar con ferramentas capaces de avaliar a participación e captar as perspectivas familiares; polo tanto, a investigación comprendeu tres estudos secuenciales cos seguintes obxectivos: (1) adaptar e validar transculturalmente a Medida de Participación e Entorno Infantil (YC-PEM polas súas siglas en inglés, Young Children Participation and Environment Measure) para o seu uso en España, así como explorar os perfís de participación en nenos pequenos; (2) estudar as experiencias, necesidades e expectativas das familias con respecto ao uso da tecnoloxía nas rutinas diarias de nenos con PCu e sobre cómo podería desenvolverse unha nova tecnoloxía; e (3) diseñar a solución tecnolóxica WeFun-Apps, avaliando a súa usabilidade e viabilidade dentro dun programa de rutinas diarias destinado a mellorar a funcionalidade e o uso espontáneo das extremidades superiores, á vez que poder explorar o seu impacto na participación. Resultados. Os resultados demostraron que a YC-PEM para o seu uso en España é unha ferramenta válida e fiable para avaliar a participación na primeira infancia. Os descubrimentos cualitativos indicaron que a tecnoloxía pode motivar o uso espontáneo das extremidades superiores, aínda que a limitada adaptación dos dispositivos existentes dificulta a súa integración na vida diaria. Por outro lado, as aplicacións WeFun desenvoltas demostran boa usabilidade e aceptabilidade. Con WeFun-Apps é factible cuantificar a dose dos programas domésticos durante as rutinas diarias. Os nenos mostraron unha tendencia á mellora do seu desempeño bimanual e un maior uso espontáneo da extremidade superior máis afectada despois de 4 semanas de intervención. As familias reportaron unha maior satisfacción e comentarios positivos sobre as oportunidades con WeFun-Apps. Os datos da YC-PEM non foron concluíntes sobre cómo a intervención podería mellorar o dominio da participación, aínda que se amosan melloras no entorno do fogar. Conclusións. Estes achados respaldan a viabilidade de WeFun-Apps e da intervención deseñada para promover a función das extremidades superiores en nenos con parálise cerebral unilateral. Se ben precisanse ensaios máis amplos para confirmar os efectos diferenciais e con impacto na participación, as melloras observadas respaldan a necesidade dunha maior optimización e implementación de WeFun-Apps para nenos e nenas con PCu.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • González-Eiroa, Irene
Advisor dc:contributor.advisor
  • Robles-García, Verónica

Subjects

dc:subject × 21

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da tese como ao seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
eng

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/48054

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

González-Eiroa, Irene. Innovative Approach to Study the Feasibility of a Daily Routine Programme Using Wearables (WeFun-Apps) in Children With Unilateral Cerebral Palsy. Integrating Families’ Perspectives and Goals With Bimanual Performance and Participation. 2026. https://hdl.handle.net/2183/48054