Universidade da Coruna
Aplicaciones desde la economía ante nuevos retos de salud pública: impacto socioeconómico de la resistencia antibiótica y efectos de la vulnerabilidad financiera sobre la salud mental y la calidad de vida
Abstract
dc:description.abstract[Resumo]A presente tese aborda, desde unha perspectiva económica, dous dos grandes desafíos da saúde pública actual identificados pola Organización Mundial da Saúde: a resistencia aos antibióticos (RAM) e o envellecemento poboacional. A súa finalidade xeral é analizar os efectos asociados a ambos os dous fenómenos e xerar evidencia económica que contribúa a orientar a formulación de políticas públicas máis eficientes, nun contexto marcado pola crecente presión sobre os recursos sanitarios. A primeira parte avalía o impacto socioeconómico das infeccións resistentes aos antibióticos, estimando resultados económicos e de saúde mediante técnicas de modelización económica e meta-regresión aplicadas ao contexto español e internacional. A segunda parte céntrase no reto do envellecemento poboacional e analiza, mediante un enfoque de variables instrumentais, como as restricións financeiras inflúen sobre a calidade de vida e a saúde mental das persoas maiores en España. No seu conxunto, esta tese proporciona nova evidencia sobre dúas problemáticas clave na sociedade actual. As súas principais contribucións son, por unha banda, o desenvolvemento do primeiro modelo macroeconómico específico de RAM para España e a presentación da primeira meta-regresión que sintetiza cuantitativamente a carga clínica e económica da RAM a escala global. Pola outra banda, trátase do primeiro estudo, enfocado na poboación maior española, que analiza conxuntamente as dificultades financeiras presentes e as expectativas económicas futuras como determinantes da calidade de vida e da saúde mental en idades máis avanzadas. Os resultados proporcionan evidencia empírica relevante para o avance da investigación en Economía da Saúde, contribuíndo a fortalecer a base científica necesaria para orientar as decisións de política pública dirixidas a unha asignación máis eficiente dos recursos sanitarios. Isto inclúe tanto o deseño de estratexias fronte á RAM como a planificación de programas de apoio e orientación financeira ás persoasmaiores, que permitan priorizar recursos para persoas de idade avanzada en situación de vulnerabilidade económica.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Siaba, Sabela
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Casal, Bruno
- Rivera, Berta
Subjects
dc:subject × 9Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da tese como ao seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- eng
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/48057