Universidade da Coruna
Escalado industrial y mejora de la eficiencia energética en el curado de composites mediante corriente eléctrica
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Os métodos de fabricación de pezas de materiais compostos de fibra de carbono (CFRP) mediante autoclave ou forno presenta limitacións significativas en termos de eficiencia enerxética, costes e tempos de ciclo. Este traballo investiga o desenvolvemento dunha técnica de curado alternativa baseada no quecemento por resistencia eléctrica (efecto Joule), aproveitando a condutividade intrínseca das fibras de carbono, mediante un sistema de curado eléctrico, con corrente continua. Os resultados experimentais, obtidos mediante as técnicas de análise mecánico-dinámico (DMA) e calorimetría diferencial de barrido (DSC), demostran que o curado por efecto Joule permite alcanzar graos de curado e temperaturas de transición vítrea (𝑇𝑔) equivalentes aos métodos convencionais, reducindo de maneira significativa tanto o tempo de ciclo coma o consumo enerxético. A aplicación de Modelos Aditivos Xeralizados (GAM) a estes análises permitiu analizar estatisticamente a influencia dos parámetros de deseño do proceso, explicando máis do 97% da variabilidade nas propiedades viscoelásticas. Os ensaios de fatiga realizados evidenciaron que as pezas curadas electricamente, cunha compactación previa mediante vacuo, ofrecen un desempeño mecánico superior ás das mostras curadas en forno. Todo iso a súa vez tamén se ve reforzado cunha análise de eficiencia do proceso, no que se aprecia que o consumo enerxético mediante esta innovadora técnica de curado vese substancialmente reducido en comparación co método tradicional. Estas análises permiten a súa vez identificar algúns elementos de deseño clave de cara á escalabilidade ata o nivel dun proceso industrial instaurado. Tamén se puido identificar algunhas posibles aplicación adicionais para o sistema de curado. O estudo conclúe que o curado por efecto Joule é una alternativa vantaxosa aos sistemas de curado empregados actualmente, destacando debido a que permite una maior rapidez de fabricación e proporciona unha maior eficiencia enerxética, con potencial para a fabricación e reparación in situ de compoñentes estruturais
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Vázquez, Laura
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Artiaga, Ramón
- Naya, Salvador
Subjects
dc:subject × 6Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da tese como ao seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- spa
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/48213