Universidade da Coruna
Responsible Machine Learning in Resource-Constrained Environments
Abstract
dc:description.abstract[Resumo]: A rápida adopción da Intelixencia Artificial (IA) e da Aprendizaxe Automática (ML) en dominios críticos intensificou a necesidade de sistemas que non só sexan precisos, senón tamén que estean aliñados con requisitos éticos, sociais e operativos. Esta tese aborda este desafío desde a perspectiva da Aprendizaxe Automática Responsable, centrándose no desenvolvemento de métodos que teñen en conta simultaneamente a explicabilidade, a equidade, a robustez e a sustentabilidade en contornas realistas con restricións de recursos. En lugar de tratar estas propiedades como consideración independentes ou posteriores ao desenvolvemento (post hoc), a tese adopta unha perspectiva unificada na que a responsabilidade emerxe da interacción entre os datos, os modelos, as metodoloxías de avaliación e as limitacións naturais dos casos de uso reais da IA, moitas veces non consideradas nos contextos de investigación. As contribucións deste traballo estrutúranse en dous eixos complementarios. A Parte I da tese céntrase en mellorar a responsabilidade mediante o deseño de modelos e enfoques centrados nos datos. Neste contexto, propoñemos novas metodoloxías para a aprendizaxe a partir de datos dispersos, ruidosos e parcialmente etiquetados, con especial énfase en datos diádicos e na aprendizaxe Positive-Unlabelled (PU). Estas técnicas aplícanse a dous dominios representativos: os sistemas de recomendación e a priorización de xenes. Nos Sistemas de Recomendación (RS), con foco na transparencia personalizada, o noso marco BRIE emprega mostraxe intelixente de datos de adestramento e optimización do ranking por pares para mellorar a calidade das explicacións baseadas en imaxes, aumentando ao mesmo tempo a eficiencia computacional na súa xeración; con BRIE demostramos que os modelos interpretables poden ser tanto efectivos como eficientes en recursos mesmo baixo a complexidade multidimensional dos datos diádicos. No dominio da bioinformática, en particular na priorización de novos xenes relacionados coa Restrición Dietética, os nosos novos métodos rbaseados en aprendizaxe PU e selección de características melloran a calidade dos rankings de xenes mantendo a interpretabilidade para os expertos, demostrando que as propiedades de responsabilidade tamén poden introducirse en escenarios con coñecemento altamente especializado. A segunda parte da tese aborda a avaliación como un compoñente central pero pouco explorado da Aprendizaxe Automática Responsable. Introdúcese un marco de avaliación multiobxectivo e guiado por requisitos que enfatiza a necesidade de definir criterios de responsabilidade antes do desenvolvemento do modelo. Ademais, proponse un protocolo para avaliar a sustentabilidade a longo prazo dos sistemas de ML, capturando a relación dinámica entre rendemento e consumo de recursos a medida que escala o volume de datos. Finalmente, a tese identifica unha fonte de sesgo previamente non considerada en tarefas de regresión diádica, denominada sesgo de excentricidade, e introduce unha nova métrica (EAUC) para cuantificalo. Con esta tese doutoral, demostramos que a Aprendizaxe Automática Responsable non está inherentemente en conflito coa eficiencia ou o rendemento. Pola contra, cando se incorpora explicitamente no deseño e na avaliación do sistema, os obxectivos de responsabilidade poden guiar o desenvolvemento de modelos máis robustos, interpretables e sostibles. En última instancia, con este traballo ábrese o camino desde os principios abstractos da IA Responsable cara a solucións concretas e viables en contornas reais.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Paz Ruza, Jorge
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Alonso-Betanzos, Amparo
- Guijarro-Berdiñas, Bertha
Subjects
dc:subject × 7Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- embargoed access
- Attribution-NonCommercial 4.0 International
- Licence dc:rights.uri
- Language dc:language.iso
- eng
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/49070