Back to search

Universidade da Coruna

Acceleration of Feature Selection Methods on Heterogeneous High Performance Computing Systems

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo]: Nos últimos anos, campos como a Intelixencia Artificial (AI, siglas en inglés) e a Aprendizaxe Automática (ML, siglas en inglés) medraron impulsados pola dispoñibilidade de datos (fenómeno Big Data). Aínda que permiten extraer coñecemento valioso, estes datos adoitan conter características irrelevantes, redundantes ou ruidosas que dificultan a análise e aumentan o custo computacional. A Selección de Características (FS, siglas en inglés) baseada en Información Mutua (MI, siglas en inglés) úsase amplamente para identificalas e eliminalas, pero os seus requisitos computacionais limitan a súa aplicación a conxuntos de datos de gran tamaño. Os sistemas de Computación de Altas Prestacións (HPC, siglas en inglés) incrementaron significativamente a súa capacidade, desde plataformas de memoria compartida ata grandes clústeres e supercomputadoras con ou sen GPUs. Esta tese aborda a aceleración de algoritmos de FS baseados en MI en sistemas HPC heteroxéneos mediante paralelización, reformulación algorítmica e optimizacións adaptadas ao hardware. Realízase unha avaliación experimental extensa para caracterizar o rendemento en distintos sistemas, datos e parámetros, e analízanse a portabilidade do rendemento e o axuste automático en hardware de distintos fabricantes. Os resultados amosan: (1) eficiencias paralelas de ata o 89% nun clúster de 16 nodos (256 núcleos de CPU); (2) procesamento de conxuntos de datos de ata 256 GiB con memoria distribuída (64 GiB por nodo); (3) aceleracións de ata 329× (precisión completa) e 382× (precisión reducida) nunha GPU NVIDIA A100 fronte a unha implementación secuencial en CPU; e (4) procesamento de conxuntos de datos maiores que a memoria da GPU, incluíndo 6 GiB nunha GPU de 4 GiB e 24 GiB nunha GPU de 16 GiB.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Beceiro, Bieito
Advisors dc:contributor.advisor
  • González-Domínguez, Jorge
  • Touriño, Juan

Subjects

dc:subject × 6

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • embargoed access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da tese como ao seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
eng

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/49079

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Beceiro, Bieito. Acceleration of Feature Selection Methods on Heterogeneous High Performance Computing Systems. 2026. https://hdl.handle.net/2183/49079