Return to search

O ritmo na dramaturxia. Teoría e práctica

Concluimos que o ritmo é o grao de tensión ou capacidade de suscitar atracción, interese e focalización na recepción, nunha dimensión máis ou menos cognitivoemocional, polos diferentes tipos de accións partiturizadas ou codificadas nunha dramaturxia destinada a un espectáculo teatral (xa sexa nun escenario teatral, xa sexa no escenario da nosa mente). Por tanto, concibimos as accións que se dispoñen nunha dramaturxia como os estímulos que, segundo a súa natureza, materialidade e nivel de incidencia ou aparición-presenza, xeran un determinado grao de tensión atractiva na recepción.
Concluimos, asemade, que esa diversidade tipolóxica de accións estimuladoras establecen diferentes modalidades de relación e contacto que, nesta tese, estudamos como mecanismos rítmicos.
A través da práctica da análise rítmica de obras de dramaturxia, fomos capaces de deducir que esas modalidades relacionais comprenden unha mecánica específica á hora de producir tensión.
Un mecanismo, segundo algunhas definicións, é unha maneira de producirse unha actividade, unha función ou un fenómeno. O grao de tensión rítmica que desprende ou activa unha forma de contactar ou conectar, entre os diversos tipos de accións, constitúe o que denominamos mecanismo rítmico. Trátase dunha engrenaxe dinámica de diversos tipos de accións que desprende ou produce un determinado grao de tensión rítmica constatable e perceptible.
Estas engrenaxes dinámicas, que chamamos mecanismos rítmicos, exercen, ademais, unha alteración ou modificación do grao de tensión rítmica propio de cada unha das accións que se cinguen e entran en contacto.
Unha vez conquerida esta conclusión imponse o estudo e determinación de cales son os principais mecanismos rítmicos, os que máis aparecen nas dramaturxias das diferentes épocas, lugares, xéneros e estilos. Os que máis aparecen ao longo do repertorio da dramaturxia universal e tamén os que maior poder de xeración rítmica posúen. Nisto é no que máis se extende a reflexión teórica e os exemplos e exercicios prácticos de análise rítmica que se conteñen nesta tese doutoral así como no seu apéndice. / We conclude that the rhythm is the tension degree or the capacity to rise attraction, interest and focalisation in the reception, in a dimension which is more or less cognitive and emotional, by the different types of encoded or scored actions in a dramaturgy for a theatrical show (either onstage, or on the stage of our minds). Therefore, we conceive the actions which are arranged in a dramaturgy as stimuli that, according to their nature, materiality and level of incidence or appearance-presence, generate a determined degree of attractive tension in the reception.
We conclude, also, that this typological variety of stimulating actions set different modalities of relation and contact that, in this thesis, we study as rhythmic mechanisms.
Through the practice of the different plays rhythmic analysis, we were able to deduce that these relational modalities involve a specific mechanics to produce tension.
A mechanism, after some definitions, is a way to produce an activity, a function or a phenomenon. A particular way to contact or connect which activates a certain degree of rhythmic tension. This is what we call rhythmic mecanism. It concerns a dynamic gear assembly of diverse types of actions that produces a determined degree of rhythmic tension.
This dynamic gear assemblies, named rhythmic mechanisms, exert an alteration or modification on the degree of tension of each action which is in contact with.
Once this conclusion is achieved, we study what the main rhythmic mechanisms are. Those rhythmic mechanisms that have a higher appearance in the repertoire of the universal drama, and also those mecanisms which have greater force of rhythmic generation.
This work mainly deals with these aspects, through theoretical reflection, practical examples and rhythmic analysis exercises.

Identiferoai:union.ndltd.org:TDX_UAB/oai:www.tdx.cat:10803/378017
Date11 January 2016
CreatorsBecerra Arrojo, Afonso
ContributorsBatlle i Jordà, Carles, Universitat Autònoma de Barcelona. Departament de Filologia Catalana
PublisherUniversitat Autònoma de Barcelona
Source SetsUniversitat Autònoma de Barcelona
LanguageGalician
Detected LanguageSpanish
Typeinfo:eu-repo/semantics/doctoralThesis, info:eu-repo/semantics/publishedVersion
Format473 p., application/pdf
SourceTDX (Tesis Doctorals en Xarxa)
RightsADVERTIMENT. L'accés als continguts d'aquesta tesi doctoral i la seva utilització ha de respectar els drets de la persona autora. Pot ser utilitzada per a consulta o estudi personal, així com en activitats o materials d'investigació i docència en els termes establerts a l'art. 32 del Text Refós de la Llei de Propietat Intel·lectual (RDL 1/1996). Per altres utilitzacions es requereix l'autorització prèvia i expressa de la persona autora. En qualsevol cas, en la utilització dels seus continguts caldrà indicar de forma clara el nom i cognoms de la persona autora i el títol de la tesi doctoral. No s'autoritza la seva reproducció o altres formes d'explotació efectuades amb finalitats de lucre ni la seva comunicació pública des d'un lloc aliè al servei TDX. Tampoc s'autoritza la presentació del seu contingut en una finestra o marc aliè a TDX (framing). Aquesta reserva de drets afecta tant als continguts de la tesi com als seus resums i índexs., info:eu-repo/semantics/openAccess

Page generated in 0.0092 seconds